HomeA CoruñaCabanas programa a proxección do filme de animación “Bella e o circo...

Cabanas programa a proxección do filme de animación “Bella e o circo máxico”

- Anuncio -spot_img

Será o sábado, 8 de outubro, ás 11 horas no Salón de Plenos.

A área de normalización lingüística do Concello de Cabanas vén de programar a proxección de “Bella e o circo máxico”, un filme de animación dirixido por Atle Blakseth e Frank Mosvold, orientado a todos os públicos e moi especialmente recomendada ao público infantil. Será o sábado, 8 de outubro, ás 11 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

A película relata a historia de Bella, quen está a organizar un circo para o seu mellor amigo, Henry, xa que este nunca antes estivo nun. Está mi emocionada á espera de ser a atracción principal cun fantástico truco de maxia que sorprenderá a Henry, quen á súa vez quedará asombrado polos trucos coa bicicleta que fai Johnny, un novo mozo chegado ao rueiro. Ao ver que pode perder ao seu amigo, Bella obrigará a Henry a elixir entre ela e Johnny, e para non magoar a ningún dos seus amigos el decide desaparecer. Será entón cando Bella teña que poñerse de acordo co seu inimigo, Johnny, para atopar de novo a Henry.

A actividade forma parte das actividades da Rede de Dinamización Lingüística, na que participa o Concello de Cabanas.

Publicacións Relacionadas