Home A Coruña Camariñas celebrará cinco días de Entroido por todas as parroquias

Camariñas celebrará cinco días de Entroido por todas as parroquias

- Anuncio -

● O Concello publicou a programación de actos para o Entroido, que inclúe opción para todos os gustos e idades.


● O 2 de marzo terá lugar o desfile de comparsas na Ponte do Porto e o 4 de marzo será o de Camariñas.

O Concello de Camariñas publicou hoxe a programación completa para o Entroido 2025, que inclúe opcións e actividades en todas as parroquias adaptadas a todos os gustos e idades, desde comidas, festas infantís, música ou obradoiros aos desfiles de comparsas.

A programación comezará o venres 28 de febreiro, coa festa de Entroido da ANPA O Areal, que se celebrará desde as 17 horas no pavillón Víctor Vigo. O sábado 1 de marzo ás 21 horas a Comisión de Festas de Camelle organizará, no Campo do Santo, un cocido e cea baile coa colaboración do Concello.

O domingo 2 de marzo o Entroido chegará á Ponte do Porto co concurso de comparsas. O desfile chegará ás 12:30 horas ao paseo marítimo e repartirase un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro de 200 euros. Ademais, cada persoa participante recibirá 10 euros.

Ese mesmo domingo, 2 de marzo, tamén haberá Entroido en Xaviña, organizado pola Asociación Abrindo Rejo e o Concello. Desde as 17 horas comezará unha festa de disfraces e degustación de productos típicos do Entroido.

O luns, 3 de marzo, a partir das 17 horas haberá unha festa infantil no Campo do Santo de Camelle, organizada por ‘Folja da Faneca’. Ese mesmo día, ás 16:30 horas, no pavillón da Ponte do Porto terá lugar a festa de Entroido da ANPA da Ponte do Porto.

En Camariñas o Entroido comezará o martes, 4 de marzo, co concurso de comparsas que se celebrará desde as 12 horas na praza do Mercado (se chove será no pavillón Víctor Vigo). Repartirase un primeiro premio de 800 euros, un segundo de 600 euros e un terceiro de 300 euros. Ademais, cada persoa participante recibirá 10 euros.

O martes, tamén en Camariñas, haberá unha festa infantil e concurso de disfraces a partir das 17 horas no pavillón Víctor Vigo. As persoas asistentes poderán desfrutar de inchables, karaoke, obradoiros, xogos deportivos, comida, DJ e moito máis.

O Entroido darase por rematado o sábado 8 de marzo co tradicional Enterro da Sardiña.

Relacionadas

O Goberno municipal e as Policías Local e Nacional reúnense coa veciñanza para abordar...

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe unha reunión na que participaron o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro; membros das Policías Local e...

O BNG esixe ao Goberno galego cubrir de inmediato as prazas médicas en Ribeira...

0
O Bloque Nacionalista Galego rexistra novas iniciativas no Parlamento de Galiza para instar ao Goberno galego a atender con urxencia a grave situación sanitaria...

A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino,...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu ao presidente da FGF, Pablo Prieto, na cidade deportiva da Torre – Arsenio Iglesias A Coruña será a...

O Concello licita o servizo de atención ás persoas sen fogar no Centro Social...

0
Os pregos do contrato establecen un horario de atención de 20.00 a 12.00 horas, con énfase no acompañamento ás persoas usuarias e tamén nos...

Detectados en só tres horas cinco positivos en drogas nun control de tráfico conxunto...

0
Policía Local e Garda Civil de Carballo realizaron este martes un control de tráfico conxunto, na liña de colaboración que veñen mantendo ámbolos dous...

Presentado o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 en...

0
O torneo terá lugar do 7 ao 9 de febreiro, sendo o campo municipal de Gallamonde unha das sedes. O Concello de Miño acolleu hoxe...

Publicacións Relacionadas