HomeA CoruñaCamariñas conmemora o 135 aniversario do ‘HMS Serpent’

Camariñas conmemora o 135 aniversario do ‘HMS Serpent’

- Anuncio -spot_img

· O Concello organiza actividades culturais e conmemorativas no Faro Vilán, no Cemiterio dos Ingleses e no Museo Man de Camelle.

· A primeira terá lugar este domingo, 9 de novembro, co teatro ‘Naufraxios’ ás 20 horas no Faro Vilán.

· O luns 10 de novembro ás 12 horas terá lugar a tradicional ofrenda floral no Cemiterio dos Ingleses.

O Concello de Camariñas conmemora nestes últimos meses do ano o 135 aniversario do afundimento do torpedeiro británico HMS Serpent, o naufraxio máis importante da Costa da Morte, afundido en 1890 fronte á Punta do Boi. A programación inclúe actos culturais e de homenaxe que lembran aquel tráxico suceso que marcou para sempre a historia e a identidade mariñeira de Camariñas.

Os actos darán comezo este domingo, 9 de novembro, ás 20:00 horas, no Faro Vilán, cunha representación teatral titulada “Naufraxios”. O luns 10 de novembro, ás 12:00 horas, celebrarase a tradicional ofrenda floral no Cemiterio dos Ingleses, en lembranza dos mariñeiros falecidos no naufraxio do Serpent. A continuación, ás 13:00 horas, terá lugar no Museo do Alemán de Camelle a inauguración da exposición “Serpent”, que permanecerá aberta ao público do 10 de novembro ao 15 de decembro.

Como colofón, do 1 ao 15 de decembro, a Casa de Pedra acollerá a exposición “Prestige”, unha mostra que conecta dous fitos do noso litoral: o afundimento do Serpent e a catástrofe do Prestige, unidas pola memoria, a solidariedade e o mar.

Con esta programación, o Concello de Camariñas quere honrar a memoria das vítimas do Serpent e poñer en valor o patrimonio histórico e mariñeiro da Costa da Morte, convidando á cidadanía e visitantes a participar nestes actos de lembranza.

Publicacións Relacionadas