HomeA CoruñaCamariñas incorpora no Plan Único obras por valor de 681.000 euros

Camariñas incorpora no Plan Único obras por valor de 681.000 euros

- Anuncio -spot_img

● O goberno local levará este venres, 30 de xaneiro (20:00 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación.

● No Plan Único 2026 destínanse 481.000 euros a gasto corrente e á humanización da rúa Médico Tomás Artaz con Alcalde Noguera Patiño.

● No Plan Complementario incluíronse oito proxectos que suman 518.588 euros, destacando o Plan Milleira.

O Concello de Camariñas levará este venres, 30 de xaneiro, a pleno (20:00 horas) a aprobación do Plan Único 2026 da Deputación da Coruña no que o goberno local incorporou diferentes obras que supoñen un investimento total de 681.116,52 euros.

Por unha banda, a través do Plan de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, destinaranse 481.702,29 euros para facer fronte a gastos correntes (319.174,06 euros) e executar a humanización das rúas Alcalde Noguera Patiño e Médico Tomas Artaz (162.528,23 euros). Neste último caso as obras consistirán na renovación da rede de saneamento, de abastecemento e a pavimentación das rúas. Ademais, instalarase unha nova rede separativa para a recollida de augas pluviais.

Plan Complementario 2026

Ademais, tamén se leva a pleno a aprobación do Plan Complementario 2026, valorado en total en 518.588,29 euros, e que se destinará a oito proxectos: substitución e mellora das características térmicas das carpinterías exteriores da Casa do Mar de Camelle, a fase 1 e a 2 da reparación do pavimento e ampliación do ancho na pista a Mourín, a fase 2 e a fase 3 da humanización e acondicionamento dun tramo da Milleira, a reparación do pavimento na pista da Grixa, a reparación do pavimento na Rucheira e o acondicionamento dunha estancia para actividades culturais na Casa do Mar de Camelle.

Publicacións Relacionadas