Home A Coruña Camariñas, Vimianzo e Muxía impulsan o proxecto de reactivación socioeconómica ‘Revivindo a...

Camariñas, Vimianzo e Muxía impulsan o proxecto de reactivación socioeconómica ‘Revivindo a Costa’

- Anuncio -

· O obxectivo é reactivar a economía dos tres municipios, impulsando o emprendemento, consolidando as empresas e freando o despoboamento.

· Hoxe levarase a pleno a ratificación dunha solicitude de subvención ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para financiar esta iniciativa.

O Concello de Camariñas, xunto co Concello de Vimianzo e o Concello de Muxía, impulsan o proxecto de reactivación socioeconómica ‘Revivindo a Costa 2024-2026’, unha iniciativa que ten como obxectivo reactivar a economía dos tres municipios, impulsando o emprendemento, consolidando as empresas e xerando un contexto socioeconómico que free o despoboamento.

Hoxe, venres 27 de novembro, o goberno local de Camariñas presentará no pleno a ratificación dunha solicitude de subvención ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para financiar esta iniciativa, a través da liña para o financiamento de proxectos innovadores para a transformación territorial e a loita contra o despoboamento. A axuda que se solicita é de 176.298,66 euros, dos que os tres concellos aportarán 17.498,68 euros correspondentes aos custes salariais dos Axentes de Desenvolvemento Local encargados de redactar e executar o proxecto.

‘Revivindo a Costa’ contará con catro liñas de actuación claramente diferenciadas:
– Liña 1: desenvolvedora de talento.
– Liña 2: centro de emprendemento disruptivo.
– Liña 3: aceleradora para a mellora empresarial.
– Liña 4: CoBrandingShow.

Liña 1: desenvolvedora de talento

Preténdese primeiro crear un mapa de talento. É dicir, buscar persoas con talento nos tres municipios, despois expandir ese talento mediante un viveiro no que se lles dará formación; e, por último, presentarllo ás empresas con seminarios de liderado.
Liña 2: centro de emprendemento disruptivo

Crearase un espazo para que as persoas emprendedoras realicen un proxecto empresarial, sempre con formación, adestramento e amosando nichos de mercado locais.

Liña 3: aceleradora para a mellora empresarial

Primeiro farase un obradoiro para facer prosperar aos autónomos e pequenas e medianas empresas; despois crease o chamado cubo de marketing co obxectivo de multiplicar o valor dos produtos da empresa; seguidamente desenvolverase un laboratorio de innovación que inspire o inxenio dos profesionais; e, finalmente, formaranse nas novas tecnoloxías nun centro de intelixencia dixital.

Liña 4: CoBrandingShow

Faranse dúas actividades. A primeira será unha tenda PopUp na que se exhibirán todas as iniciativas das liñas anteriores e a segunda unha xornada chamada DemoDay na que se convidarán aos profesionais e emprendedores a compartir os seus proxectos.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas