HomeA CoruñaCambios no arranque do entroido en Neda

Cambios no arranque do entroido en Neda

- Anuncio -spot_img

O Concello de Neda informa de cambios de última hora na programación desta primeira xornada do entroido por mor do mal tempo. Así, suspéndese o desfile de comparsas previsto para a tarde deste venres polas rúas de Neda. O tradicional festival arrancará finalmente ás 20:00 horas no pavillón municipal Ale de Paz, onde xa está a exposición o Meco do 2026, unha obra do artista local Carlos García.

En paralelo ao certame de comparsas, que estará presentado polo Dúo Estrellas, desenvolverase, tal e como estaba previsto, o concurso e baile de disfraces. En xogo, nove cestas de produtos de carnaval (tres por categoría: individual, parella e grupo). 

Publicacións Relacionadas