HomeA CoruñaCambre perde 60.000 € destinados á mellora da pista deportiva do Temple

Cambre perde 60.000 € destinados á mellora da pista deportiva do Temple

- Anuncio -spot_img

O Concello de Cambre renunciou a un investimento de 60.000 euros que estaba destinado á mellora da pista deportiva do Temple, actuación aprobada en pleno no ano 2022 e que, finalmente, non se levará a cabo debido a imposibilidade da súa contratación, execución e xustificación na prorroga máxima dos prazos establecidos.

Este importe súmanse aos 637.767 euros xa perdidos polo Concello no último mes, todos eles correspondentes a axudas do Plan Provincial (POS+) da Deputación de A Coruña.

Dende Alternativa lamentan que “Cambre sigua a pagar a herdanza do anterior goberno municipal formado por Unión por Cambre e PSOE,” e lembran que estas perdas teñen un impacto directo sobre proxectos comprometidos coa veciñanza, como a mellora da pista deportiva do Temple, a reforma da Praza Fernando Buesa, renovación do Paseo dos Templarios ou a mellora da accesibilidade en Lendoiro, A Barcala.

“As cousas non se fixeron en tempo e forma. Agora, obras para as que había cartos e anos para ser executadas, se quedan só en imaxenes nas páxinas do periódico municipal e promesas electorais.” sinala Raúl Varela, voceiro do grupo en Cambre.

A formación indica que, aínda que existe a posibilidade de recuperar estas partidas económicas nun futuro, a realidade a día de hoxe é que o Concello perdeu investimentos valiosos para mellorar espazos públicos esenciais para a veciñanza.

Publicacións Relacionadas