O concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza dous cursos de formación en competencias dixitais para maiores de 60 anos, entre as datas comprendidas do 2 ao 12 de febreiro de 2026 .
YoConecto ofrece cursos adaptados a todos os niveis, que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, poderán aprenderan a utilizar redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura, comunicarse por videochamada e descubrir plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde.
As inscricións realizaranse no centro municipal de Servizos Sociais de forma presencial.
A data de inscrición será entre o xoves 8 ao venres 16 de xaneiro para os dous talleres. O número máximo de participantes por grupo é un máximo de 12 e un mínimo de 8.
A formación é de balde.
Que necesitan levar as persoas participantes:
O teléfono móbil e o DNI
Os talleres a desenvolver son os seguintes:
Grupo I: Curso “Apps para xestionar trámites na internet”:
• Datas: 2, 4, 9 y 11 de febreiro
• Horario: 10:00-13:00h.
• Lugar: Aula de informática. Avda. Naturais nº 44 entresollado- Fene.
• Os contidos: Están relacionados con ensinar a utilizar aplicacións móbiles para xestionar o teu día a día. Os trámites administrativos deixarán de ser un problema, atoparás a solución en ferramentas de organización, acceso a sedes electrónicas e trámites oficiais.
Grupo II:”Comunica con confianza: Whatsapp e Telegram”
• Datas: 3, 5, 10 y 12 de febreiro
• Horario:10:00-13:00h.
• Lugar: Aula de informática. Avda. Naturais nº 44 entresollado- Fene.
• Os contidos: Están relacionados con ensinar a utilizar aplicacións de mensaxería como WhatsApp e Telegram de maneira eficiente e segura. Descobre novas funcionalidades e como integralas na túa vida diaria para comunicarche con confianza no mundo dixital.
A duración dos cursos é de catro sesións cun total de 12 horas de formación.
É unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro das iniciativas Generación D impulsada por Red.es, Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.



