HomeA CoruñaCampaña especial de verán de doazón de sangue no Concello de Ribeira

Campaña especial de verán de doazón de sangue no Concello de Ribeira

- Anuncio -spot_img

Onte día 29 o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones fixo unha convocatoria ao medios para presentar a campaña especial de verán de doazón de sangue no Concello de Ribeira.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia para atender a milleiros de doentes cada ano.

O verán é a época máis complicada para manter estable a participación das persoas que doan sangue e axencia está a desenvolver unha campaña especial co obxectivo de acadar as 27.0000 doazóns de sangue que precisan os centros sanitarios neste período para axudar ás persoas que desexan recuperar a saúde.

O concelleiro de Sanidade informou que durante a época estival “é a máis difícil para acadar as doazóns de sangue, tamén na nosa área se incrementa ou multiplican o número de accidentes e as necesidades de transfusión. Hai que ter en conta que algúns dos produtos derivados destas transfusións, apenas teñen unha duración de sete días; como poden ser as plaquetas que son moi necesarias dentro destes procesos”.

Furones sinalou que aproveitando o verán a Consellería de Sanidade “pediunos a colaboración do Concello, e nós sempre estamos abertos a
colaborar en todo o referente á saúde dos cidadáns e ademais facemos gala de ter unha das poboacións máis solidarias de toda Galicia; no noso municipio no ano pasado doaron un total de 1.297 persoas que supón unha taxa de doazón de 48 persoas por cada mil habitantes que é 5 puntos superior á media da provincia e 9 puntos superior á media de Galicia”.

O concelleiro de sanidade pide a veciñanza que faga un esforzo máis os días seguintes:
RIBEIRA: UNIDADE MÓBIL NA PRAZA DO CONCELLO
Venres, 1 de agosto: 10:15 a 14:00 – 16:15 a 21:00 horas
Sábado, 2 de agosto: 10:15 a 14:30 horas
AGUIÑO: UNIDADE MÓBIL NA EXPLANADA DO PORTO
Luns, 4 de agosto: 16:15 a 21:00 horas
PALMEIRA: UNIDADE MÓBIL NO PEIRAO (LUGAR DE EITON)
Luns, 18 de agosto: 16:00 a 18:00 horas

A doazón require dúas horas, antes non xantar e posteriormente require un tempo de recuperación de reposición de líquidos e en 3 ou 4 días o doante xa pode facer a súa vida normal. O concelleiro finalizou esperando a colaboración de todos e todas nas vindeiras datas.

Publicacións Relacionadas