Home A Coruña Canto nos custa a nova fonte ornamental de Vilaboa?

Canto nos custa a nova fonte ornamental de Vilaboa?

- Anuncio -

– Segundo o proxecto, o custe total ascendería a 110.408,66€

– Descoñécese se o seu prezo foi rebaixado na oferta gañadora do contrato.

– O retraso na execución da obra debería acarrear unha penalización económica para a empresa adxucidataria.

– Non moi lonxe desa rotonda hai rúas onde a veciñanza reclama melloras básicas que seguen sen ser satisfeitas.

O BNG de Culleredo recibiu consultas veciñais sobre o custo da fonte de Vilaboa. No proxecto publicado comprobamos que o prezo base da fonte ornamental era de 78.863,33€. Sumados IVE, gastos xerais e beneficio empresarial, ascende a 110.000,66€.

Non se sabe canto, da rebaixa no prezo ofertado pola empresa adxudicataria para facerse coa obra, corresponde ao prezo da fonte ornamental.

Tampouco se coñece a canto ascenden as penalizacións á empresa pola demora na execución da obra. O prazo de execución era de 4 meses a contar dende a entrada en vigor do contrato, o 14 de xaneiro de 2022.

O que si sabemos é que hai necesidades básicas do noso Concello que siguen sen estar cubertas. A poucos metros desa fonte, na Corveira, hai rúas sen recollidas de pluviais, sen sinalización e cun pavimento moi deficiente a pesar das continuas demandas veciñais.

Sabemos tamén das numerosas queixas pola presenza de ratas na proximidade de vivendas non moi lonxe desa mesma rotonda.

Ningunha destas peticións foron incluídas nos orzamentos do presente ano, que se acaban de aprobar con 4 meses de retraso. Orzamentos que tampouco especifican ningunha partida para a mellora da contorna da Fonte da Balsa, malia a aparición dun cartel anunciando unha obra que non figura no portal de contratación.

O BNG de Culleredo comprométese a encabezar un novo Goberno Municipal que priorice as necesidades básicas da veciñanza fronte aos derroches ornamentais do actual, avanzando da man dos nosos veciños e veciñas.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas