Home A Coruña Cantos da Terra, Son de Gaita e o Dúo Dilema porán a...

Cantos da Terra, Son de Gaita e o Dúo Dilema porán a música ao Entroido de Sergude mañá domingo 11 de febreiro

- Anuncio -

Os atranques dos Xenerais da Ulla terán lugar baixo carpa no campo da festa a partir das 20:00 horas

Sergude celebra mañá domingo 11 de febreiro as súas festa de Entroido, que inclúen a partir das 20:00 horas un dos famosos Atranques dos Xenerais da Ulla, festa declarada de interese turístico de Galicia. A festa dará comezo ás 11:00 horas coa saída do campo da festa dos Xenerais, Correos e Coros, que percorrerán esta parroquia de Boqueixón acompañados da música do grupo local Son de Gaita.

Xa pola tarde, entre as 18:00 e as 20:00 horas actuará o grupo Cantos da Terra, que ao rematar o seu concerto dará paso aos Coros de Entroido, acompañados novamente polo grupo Son de Gaita. A iso das 20:00 horas está previsto que se realicen os Atranques dos Xenerais da Ulla, que escenificarán os seus tradicionais enfrontamentos dialécticos por parellas nos que farán sátira de asuntos locais, de política ou do corazón acontecidos durante o ano. Ao remataren os atranques sortearse a carretilla do Entroido e o Dúo Dilema porá o fin de festa.

Dende a Comisión de Festas de Deseiro de Abaixo confirman que haberá un amplo aparcadoiro gratuíto a carón do campo da festa, onde haberá unha carpa, se ben as últimas previsións de Meteogalicia indican que será unha tarde fría pero con pouca chuvia.

Relacionadas

Homenaxe en San Sadurniño á subcampioa de europa de surf SUB-10, Candela Pérez Dopico

0
Hoxe, xusto antes do empezo do partido de volei da SM2, rendéuselle á surfista Candela Pérez Dopico a homenaxe que tiñamos pendente desde decembro,...

Rescatada na súa vivenda unha persoa de avanzada idade na Pobra do Caramiñal

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira participaron esta tarde na asistencia e rescate dunha persoa de avanzada idade no seu fogar na Pobra...

A Xunta reforza a colaboración co concello de Ferrol para seguir impulsando a xeración...

0
— Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para potenciar as oportunidades laborais no municipio e fortalecer o tecido comercial ferrolán, un sector...

Dúas persoas feridas tras un accidente de tráfico na Avenida de Ferrol, no concello...

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron na madrugada deste sábado a un accidente de tráfico entre un coche e unha moto na...

O Concello organiza visitas guiadas á exposición ‘O  legado de José Ramón’, en María...

0
Estarán dirixidas pola comisaria e filla do artista, Ana Iglesias, e incluirán  unha visita ao Salón de Sesións  O Concello organiza durante estes meses de...

En marcha os traballos de mellora previstos na estrada dos Fortes, onde se reforzarán...

0
Sobreelevaranse os pasos peonís ao longo da vía, crearase unha pequena zona de lecer nas inmediacións do pavillón de Cocheiras e tamén se aumentarán...

Publicacións Relacionadas