Home A Coruña Carballo celebra o Día da Lingua Materna cunha campaña de recollida de...

Carballo celebra o Día da Lingua Materna cunha campaña de recollida de palabras propias do noso concello

- Anuncio -

O 21 de febreiro é o Día Internacional da Lingua Materna, unha celebración proclamada pola Unesco en 1999 coincidindo coa data en que en 1952 a policía e mais o exército paquistaní abriron fogo contra unha multitude de falantes bengalís que se manifestaba polos seus dereitos lingüísticos, vinte anos antes da independencia de Bangladesh. Defendían a súa lingua materna, a do seu pobo, a da súa comunidade, a que é a propia do seu territorio, como para nós é a galega.

A nosa é unha lingua tan rica que dentro do territorio galego hai moitísima variedade de palabras, acentos, ditos… En Carballo temos as nosas singularidades, e desde o Servizo de Normalización Lingüística pretendemos recuperalas e poñelas en valor. Por iso, coincidindo co Día da Lingua Materna, este mes puxemos en marcha unha campaña de recollida de palabras propias do noso concello que denominamos “Así falamos en Carballo”.

Nese labor contamos coa colaboración dos colexios Xesús San Luís Romero e Gándara-Sofán, que recolleron ducias de palabras e expresións propias, moitas delas usadas só no noso concello. Arume, carozo, escordar, fungalla, pinchacarneiro, derreado/a, bilitroque, lagháchima, pan de ovo, regheifa, ghorxa do aire, faldriqueira, burato… son algunhas.

Para darlle visibilidade á iniciativa, e para premiar o traballo de recollida realizado polos nenos e nenas, preparamos unhas mochilas estampadas con moitas desas palabras, agrupadas en forma de landra, que tamén é unha palabra e un símbolo do noso concello. Hoxe entregámosllas á rapazada, que quedou súper contenta co agasallo.

Pero a iniciativa non remata aquí, senón que segue aberta tanto a outros centros educativos coma a persoas que, a título individual, queiran colaborar facéndonos chegar palabras e expresións tan carballesas coma as que aparecen na landra. O único que teñen que facer as persoas interesadas é enviar un mínimo de 10 palabras por correo electrónico a snl@carballo.gal, e, como o alumnos do San Luís Romero e do Gándara-Sofán, as achegas serán recompensadas cunha mochila.

Relacionadas

A corporación aprobará un ambicioso proxecto estratéxico que prevé un investimento de 15 millóns...

0
A corporación municipal celebrará o luns 24 o pleno correspondente ao mes de febreiro, con varios asuntos de calado. Entre eles destaca a solicitude...

Carballo celebrou o 125º aniversario do pasamento de Alfredo Brañas cun acto protagonizado pola...

0
Evencio Ferrero lembrou tamén a César Lombera, autor da escultura situada na rúa Coruña, que faleceu hai menos dun mes Hoxe cumpríronse 125 anos do...

Concello de Ribeira e a Federación Galega de Salvamento presentan un novo curso de...

0
Hoxe presentouse, por segundo ano consecutivo, un novo curso de socorrismo por parte do alcalde, Luís Pérez, xunto co vicepresidente da Federación de Salvamento...

Trémola Teatro chega este sábado a Neda coas súas “Historias soñadas”, inspiradas en Rosalía...

0
O Concello de Neda programa este sábado, a partir das 12 horas, no marco das actividades especiais con motivo do Día de Rosalía, o...

Ribeira presenta un Entroido enxebre, colaborativo e aberto ás parroquias 

0
Hoxe presentouse no auditorio municipal a programación das actividades do Entroido 2025 de Ribeira coa presenza do concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, a concelleira...

Unha exposición de traxes tradicionais de Galicia abre o programa de actividades do Mes...

0
A Igrexa de Bastavales acollerá mañá sábado, ás 17:00 horas, unha experiencia musical e artística da man da soprano Esperanza Mara e cunha ofrenda...

Publicacións Relacionadas