Home A Coruña Carballo recupera o Día do Pequebasket, un dos eventos que nos converten...

Carballo recupera o Día do Pequebasket, un dos eventos que nos converten en referente do deporte galego

- Anuncio -

Representantes da Escola Basket Xiria e do Concello presentaron as actividades que se desenvolverán o Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas en Carballo tamén é o Día do Baloncesto, porque dende que celebrou a súa primeira edición, no ano 2012, o Pequebasket converteuse nun dos eventos que nos sitúan como referente do deporte galego cada 17 de maio. Despois de dous anos de ausencia obrigada, dez anos despois daquela histórica primeira edición, este martes asistiremos á oitava entrega do Pequebasket.

O presidente da Escola Basket Xiria, Primitivo Xurxo Reguera, e o director deportivo, Arturo Ferraces, presentaron hoxe o programa do 8º Pequebasket acompañados polo alcalde, Evencio Ferrero, e polo concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quen asegurou: “Estamos felices de poder recuperar o Pequebasket”.

As cifras demostran que había ganas de Pequebasket, porque está confirmada a participación de 36 equipos, malia que nesta edición se limitou o número de asistentes. O que non varía é o espírito da xornada, deseñada para que conflúan o deporte, a cultura, o ocio, a diversión e a amizade entre os nenos e nenas de 5 a 8 anos aos que vai dirixida. O presidente de Basket Xiria expresou a súa satisfacción porque algúns dos participantes nas primeiras edicións súmanse agora á organización, colaborando no desenvolvemento da actividade. Primitivo Xurxo Reguera agradeceu tamén o apoio do Concello de Carballo, a Federación Galega de Baloncesto, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, así como “empresas e socios do club que apostan por este proxecto”.

O alcalde louvou o traballo e o compromiso da Escola Basket Xiria coa promoción do deporte dende a infancia e destacou unha vez máis a coincidencia do Pequebasket co 17 de maio. “Ben está que o Día das Letras sexa tamén o día da promoción do deporte, e que se fagan festas deportivas, porque son festas das que desfruta toda a familia”, manifestou.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas