Home A Coruña Cariño abre o telón este domingo co incio da edición número XLVI...

Cariño abre o telón este domingo co incio da edición número XLVI da Mostra de Teatro Galego

- Anuncio -
  • A xornada comeza ás 12 horas co acto de inauguración e a entrega de premios ao público infantil e adulto do ano 2023 no Concello
  • Ao remate, o grupo Barafunda realizará un pasarrúas co seu espectáculo circense ‘Os zancudos’

O Concello de Cariño abre este domingo o telón da súa edición número XLVI da Mostra de Teatro Galego, que encherá de grandes actuacións o municipio desde o 4 ata o 10 de agosto, volvendo a situar ao Concello como un dos centros neurálxicos dramáticos en Galicia.

A xornada abrirase ás 12 horas na Casa Consistorial co acto de inauguración e a entrega de premios ao público infantil e adulto do ano 2023. Na categoría de adultos o premio recae una categoría Chévere, coa obra ‘N.E.V.E.R.M.O.R.E.’ e no apartado infantil, recollerá o recoñecemento a Compañía Náufragos coa súa obra ‘Hugo’.

Ao remate da cerimonia, o grupo de teatro Barafunda percorrerá as rúas de Cariño co seu espectáculo ‘Os zancudos’, en clave de humor, e cunha gran performance de globoflexia

Para culminar a xornada, o grupo Mute levará o seu espectáculo ‘Oran Bi’ á Praza da Pulida a partir das 20:30 horas. Esta obra, gañadora do premio ao mellor espectáculo de Euskadi no ano 2022, é unha peza circense que se caracteriza pola innovación e o risco escénico.

Desde o Concello de Cariño animan a todos, veciñanza e visitantes, a gozar desta xornada inaugural da Mostra, que de seguro que será do máis especial.

Relacionadas

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

A II Bandeira de Bateis Mecalsa dispútase na Pobra no 18 de xaneiro

0
Os bateis vogarán as augas da dársena do peirao comercial da Pobra na II Bandeira de Bateis Mecalsa que organiza o Club Remo Puebla...

Publicacións Relacionadas