Home A Coruña Cariño acollerá a etapa final da 19ª Edición da Volta Ciclista a...

Cariño acollerá a etapa final da 19ª Edición da Volta Ciclista a Galicia que se celebrará do 16 ao 19 de setembro

- Anuncio -

• O alcalde, José Miguel Alonso; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o concelleiro de Deportes, Jonathan Miranda e Jacobo Ucha, director da proba, presentaron esta mañá no Consistorio cariñés a última etapa desta cita deportiva.

• Os deportistas e resto de axentes implicados na proba terán que someterse a un cribado 48 horas antes do comezo da Volta.

O Concello de Cariño acollerá a etapa final da 19ª Edición da Volta Ciclista a Galicia que se celebrará do 16 ao 19 de setembro, e que terá como outros puntos do itinerario aos Concellos de Ponteareas e Muras.
Esta proba será de carácter internacional, xa que un equipo portugués participará esta Volta Ciclista a Galicia, na que 17 equipos e máis de 150 deportistas daranse cita. É un escaparate para os equipos e as estruturas do ciclismo de elite e sub-23 do campo amateur, para que poidan darse a coñecer e dar o salto, porqué non, ao campo profesional, tanto a nivel nacional como a nivel internacional.

Servirá tamén esta etapa como homenaxe a Guillermo Sande Covelo, antigo director deportivo da Federación e que faleceu tristemente o ano pasado aos 55 anos de idade.

Os deportistas e resto de axentes implicados na proba terán que someterse a un cribado de antígenos 48 horas antes do comezo da Volta, garantindo así que o risco de contaxio por coronavirus é ínfimo.
Jacobo Ucha, director da proba, destacou que “vai ser a etapa que decida ao vencedor porque o itinerario transcorre pola Garita de Herbeira e decidirase seguro neste porto de montaña de primeira categoría”. Tamén quixo destacar que “é a etapa reina, con tres portos, dous de segunda categoría e un de primeira, cun terreo “ rompepiernas” que non deixa descansar en ningún momento aos ciclistas”.

Esta proba desprazará ao Concello de Cariño a unhas 300 persoas, que se aloxarán durante este día nos hoteis e hospedaxes tanto do municipio como de territorios limítrofes, polo atractivo que supón a nivel paisaxístico, gastronómico, natural e cultural. Servirá tamén como “balón de osíxeno”, en palabras do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, para a “hostalería local nun contexto tan complexo como o que estamos a vivir”.

Muñiz quixo agradecer ao “ Concello de Cariño a súa implicación desde o primeiro momento para albergar unha proba destas características, ademais da o resto de administracións implicadas”, ao que quixeron sumarse tamén o alcalde de Cariño e concelleiro de Deportes. “Para nós é unha honra que o noso municipio sexa a meta da 19ª Edición da Volta Ciclista a Galicia. Temos unha especial vinculación cos deportes ao aire libre, acollemos tamén un Campionato de España de media maratón máster, pero temos un vínculo especial co deporte de pedais, xa que no 2016 finalizou aquí unha etapa da Volta Ciclista a España”.

Neste sentido, tanto Alonso como Miranda esperan “que sexa unha proba moi bonita e que esta cita sirva para poñer ao Concello de Cariño no mapa deportivo, e porqué non, tamén a nivel cultural, gastronómico e paisaxístico”, subliñaron.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas