• Será no Mercado Municipal a partir das 10:30 horas.
• Contará cunha gran variedade de postos con todo tipo de produtos, un sorteo e un obradoiro para os máis pequenos.
O Concello de Cariño acollerá o vindeiro sábado, 11 de outubro, a segunda edición da Feira dá Mel e dá Artesanía, unha cita dedicada a poñer en valor uno dos produtos máis característicos da gastronomía local. A xornada, organizada pola asociación Recursos de Aldea coa colaboración do Concello de Cariño e da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, celebrarase a partir das 10:30 horas no Mercado Municipal.
A feira reunirá unha ampla variedade de postos con produtos elaborados a partir do mel, así como outros alimentos locais como queixos ou zumes naturais, ademais de artigos de artesanía e cosmética. O obxectivo é fomentar o consumo de produtos de proximidade, visibilizar o traballo dos produtores locais e impulsar o sector primario, de gran relevancia para o municipio.
Durante a xornada, as persoas asistentes poderán participar en diferentes actividades e degustacións. A IPX Mel de Galicia, a través de experienciasdecalidade.gal, ofrecerá unha degustación de mel de 12:00 a 13:30 horas (ou ata esgotar existencias). Os máis pequenos tamén terán o seu espazo na feira, con obradoiros temáticos de cera de abella, que se desenvolverán ao longo da xornada.
Ademais, entre todos os asistentes sortearanse tres cestas con produtos da feira, unha oportunidade para levar a casa unha mostra da riqueza e variedade dos produtores participantes.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou a importancia desta iniciativa “como unha aposta polo desenvolvemento rural e pola promoción dos produtos locais que nos identifican como territorio”. López subliñou tamén que “a feira é unha oportunidade para que veciños, visitantes e produtores compartan unha xornada de encontro, tradición e sabor. A iniciativa xa foi todo un éxito o ano pasado e esperamos que nesta segunda edición póidase repetir”.