• A programación municipal polo Nadal inclúe tamén a visita do ‘foodtruck’ de Galicia Sabe Amar o domingo.
O Concello de Cariño celebrará este sábado, 21 de decembro, o seu II Mercado de Artesanía Do Nadal, unha nova actividade encadrada dentro da súa programación especial para estas datas que se organizará no Mercado Municipal de 11:00 a 20:00 horas.
No mercado poderase atopar todo tipo de artesanía, desde produtos de decoración ata roupa, polo que é unha boa opción para ultimar as compras e os agasallos para estas datas. A actividade está organizada por Sestras coa colaboración do Concello de Cariño e da Asociación Comparsa Os Infieis.
Un día despois, o domingo 22 de decembro, chegará ao municipio o ‘foodtruck’ de Galicia Sabe Amar, que durante os últimos meses percorreu diversos puntos de Galicia. O ‘foodtruck’, no que se poderán degustar produtos do mar, situarase en Porta dá Puída en dous horarios diferentes, de 12:30 a 15:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.