As súas Maxestades os Reis Magos visitarán a Casa do Concello mañá, 5 de xaneiro, entre as 11:30 e as 13:30 horas da mañá, e as 16:30 e 19:00 horas da tarde.
O Concello de Cariño optou este ano pola organización dunha ‘cabalgata estática’ para evitar aglomeracións e minimizar así o risco de contaxio. As súas Maxestades os Reis meigos visitarán a Casa do Concello mañá, 5 de xaneiro, entre as 11:30 e as 13:30 horas da mañá, e as 16:30 e 19:00 horas da tarde.
Para iso, foi necesaria a inscrición previa nun teléfono habilitado pola Administración local, e estímase que unhas 150 persoas, contabilizando pais, nais e fillos, acudirán á recepción. Farase cada catro minutos para si atender a todas as peticións.
Os máis pequenos e pequenas da casa poderán así facer entrega, da súa carta cos desexos para unha das noites máis máxicas de todo o ano, aínda que é certo que este ano “mitigada en parte polos efectos da pandemia”, sinala Jonathan Miranda, o edil de Cultura. “Pedimos aos nosos veciños que non se acheguen ata o punto de encontro ata como máximo 10 minutos antes da hora indicada, e evitar así aglomeracións”, incide, quen á súa vez lembra “da importancia de usar máscara, xel hidroalcóholico e manter en todo momento a distancia de seguridade”,
finaliza.