HomeA CoruñaCarolina Castiñeiras Brandón, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da...

Carolina Castiñeiras Brandón, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN

- Anuncio -spot_img

Carolina Castiñeiras Brandón, portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte MOCIÓN:
Exposición de motivos:
Estamos a recibir varias queixas por parte de pais e nais do alumnado do Instituto da Laracha porque os seus fillos e fillas teñen que soportar as inclemencias climáticas antes de entrar nas aulas que , se ven non é un tempo excesivo, no peor do inverno provoca que a rapazada teña que estar a intemperie. Por outra banda, consideran que sería positivo que poidesen pasar mais tempo fóra nas horas de recreo sen ter que estar expostos á choiva. Todo isto tería solución dotando as instalacións dunhas zonas cubertas exteriores.
Do mesmo xeito, e relacionado con isto, sae a luz a vella promesa que fixera o daquela conselleiro de educación Jesus Vázquez, na sua visita ao colexio Otero Pedraio, dunha pasarela cuberta entre os dous edificios existentes naquel momento. A día de hoxe, a realidade é que os nenos e nenas se siguen mollando para acceder o edificio onde se ubica o comedor.
Por todo o exposto solicitamos do Pleno da Corporación a adopción dos seguintes
ACORDOS:

• Instar ao Goberno Municipal Concello da Laracha para que reclame á Consellería de Educación da Xunta de Galicia acometer obras nos recintos educativos da capital municipal, Instituto Agra de Leborís e Colexio Otero Pedraio, para dotar ambas instalacións de espazos exteriores cubertos onde resgardarse da choiva

Publicacións Relacionadas