Free Porn
xbporn
Home A Coruña Carral abre o prazo para presentar as solicitudes de cacharelas de San...

Carral abre o prazo para presentar as solicitudes de cacharelas de San Xoán

- Anuncio -

· A solicitude para realizalas en espazos públicos e privados estará dispoñible ata o 20 de xuño ás 13:00 horas.

O Concello de Carral admitirá solicitudes para a realización de cacharelas, sardiñas ou churrasco na noite de San Xoán en espazos públicos e privados ata o xoves, 20 de xuño, ás 13:00 horas. Ao final da celebración, que deberá ser ás 3.30 horas, os responsables de cada lumarada deberán encargarse do apagado e limpeza da súa zona antes do transcurso de 24 horas.

A veciñanza que desexe realizar cacharelas, sardiñas ou churrasco en espazos públicos deberá presentar a súa solicitude, que deberá contar co DNI da persoa responsable maior de idade e o lugar de emprazamento.

Do mesmo xeito, aquelas persoas interesadas en facer unha pequena fogueira nun espazo privado deberán presentar unha comunicación previa.

En todo caso, as persoas responsables deberán ter en conta as seguintes restricións e normativa:

· As cacharelas non poderán ter unha altura superior á permitida pola Policía Local, duns 2,5 metros, que poderá efectuar inspeccións durante a celebración. Ademais, a cachela deberá gardar unha distancia mínima de 15 metros respecto a colectores, vehículos ou vivendas e queda prohibido que estea baixo tendidos eléctricos ou telefónicos.

· Respecto aos emprazamentos, quedan prohibidas as prazas públicas, beirarrúas ou calquera superficie que poida sufrir danos. Tamén o uso de combustibles, acelerantes ou queimas de substancias ou elementos tóxicos.

As autorizacións só servirán para a noite do 23 ao 24 de xuño e a celebración rematará ás 3:30 horas da madrugada. Os responsables das lumaradas deberán coidar que estean totalmente apagadas e limpar o espazo antes do paso de 24 horas.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas