HomeA CoruñaCarral facilita a conciliación de máis de 20 familias durante o Nadal

Carral facilita a conciliación de máis de 20 familias durante o Nadal

- Anuncio -spot_img

· O Concello inaugurou os seus campamentos deportivos, nos que están a participar nenos de entre 3 e 11 anos.

O Concello inaugurou, esta semana, os seus campamentos deportivos de Nadal. Trátase dunha actividade de conciliación que está en marcha no CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel e na que están a participar máis dunha vintena de nenos e nenas de entre 3 e 11 anos.

A iniciativa arrincou o luns e prolongarase ata o 5 de xaneiro, ofrecendo atención aos pequenos e pequenas tanto mañá, mércores 24 de decembro, como o venres, día 26. A próxima semana, a actividade continuará o luns, 29 de decembro, o martes, día 30, e o mércores, 31 de decembro. No mes de xaneiro, os campamentos desenvolveranse os días 2 e 5.

Durante esas xornadas, ofrécese un horario de atención de 10.00 a 14.00 horas, coa posibilidade de que as familias poidan solicitar tamén o servizo de madrugadores (desde as 7.30 horas) e o de comedor (de 14.00 a 16.00 horas).

Como parte do programa, os nenos e nenas participarán en talleres de decoración do Nadal, así como en actividades deportivas e socioculturais.

Publicacións Relacionadas