HomeA CoruñaCarral involucra aos veciños e comercios na ambientación de Nadal cun concurso...

Carral involucra aos veciños e comercios na ambientación de Nadal cun concurso de decoración

- Anuncio -spot_img

· O prazo de inscrición estará aberto desde mañá, venres 5 de decembro, ata o día 15.

O Concello involucrará aos veciños, veciñas e comerciantes na ambientación do municipio durante as festas de Nadal. Farao co lanzamento do seu concurso de decoración de fachadas, balcóns, xanelas e xardíns en vivendas e comercios. Tal e como explica a concelleira de Turismo e Comercio, Isabel López, o obxectivo “é facer partícipe á cidadanía e ao tecido comercial na ambientación do concello durante estas datas sinaladas”.

O concurso contará con varias categorías: unha para casas (fachadas e xardíns de vivendas unifamiliares), outra para apartamentos, pisos, áticos e dúplex (podendo decorarse as fachadas, balcóns e/o a porta de entrada da vivenda ou os corredores) e unha última para comercios (para decorar escaparates e o interior do establecemento).

En cada apartado un primeiro premio (cesta de con produtos de Nadal valorado en 95 euros), un segundo (cesta de con produtos de Nadal valorado en 80 euros) e un terceiro (cesta de con produtos de Nadal valorado en 60 euros).

Un xurado encargarase de analizar as propostas participantes e entregar os galardóns @teniendo en cuenta os seguintes aspectos: creatividade, orixinalidade, a elaboración propia, o uso da iluminación como foco de atracción e de materiais reciclables.

O certame está aberto á participación de calquera propietario ou arrendatario de vivendas ou negocios no municipio (tanto no ámbito urbano como no rural). As persoas interesadas deberán inscribirse desde mañá, venres 5 de decembro, ata o 15 de decembro utilizando a ficha de participación dispoñible na páxina web municipal e entregándoa, xunto cunha copia do DNI, no rexistro municipal e na sede electrónica.

Publicacións Relacionadas