HomeA CoruñaCarral ofrecerá 1.020 prazas nos seus campamentos de verán coa vista posta...

Carral ofrecerá 1.020 prazas nos seus campamentos de verán coa vista posta na conciliación

- Anuncio -spot_img

· O Concello abrirá o luns, 26 de maio, o prazo de inscrición, que estará dispoñible ata o 6 de xuño.

· As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica ou, de forma presencial, no rexistro municipal.

O Concello volverá promover a conciliación durante a época estival. Farao co lanzamento dunha nova edición dos seus campamentos deportivos de verán, que se desenvolverán entre o 23 de xuño e o 29 de agosto. En total, o Concello ofrecerá 1.020 prazas para nenos e nenas de 3 a 11 anos que se repartirán entre as dez semanas de duración do programa municipal. O prazo de inscrición comezará o luns, 26 de maio (ás 9.00 horas), e prolongarase ata o 6 de xuño (ás 14.00 horas). As persoas interesadas deberán tramitar a súa solicitude a través da sede electrónica ou, de forma presencial, no rexistro municipal.

Os campamentos desenvolveranse no CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel e na contorna do centro de ensino de luns a venres (excepto festivos) e en horario de 7.30 a 16.00 horas para facilitar ao máximo a conciliación das familias. Entre as 7.30 e as 10.00 horas levará a cabo o servizo de madrugadores, de 10.00 a 14.00 horas terá lugar a propia actividade do campamento e, por último, de 14.00 a 16.00 horas será a quenda do servizo de comedor. As prestacións de madrugadores e comedor inclúen a atención dos pequenos e pequenas, que deberán traer a súa comida de casa. En total, serán dez semanas de actividade e 1.020 prazas distribuídas da seguinte forma:

· 1ª semana: do 23 ao 27 de xuño (120 prazas)

· 2ª semana: do 30 de xuño ao 4 de xullo (120 prazas)

· 3ª semana: do 7 ao 11 de xullo (120 prazas)

· 4ª semana: do 14 ao 18 de xullo (120 prazas)

· 5ª semana: do 21 ao 24 de xullo (90 prazas)

· 6ª semana: do 28 de xullo ao 1 de agosto (90 prazas)

· 7ª semana: do 4 ao 8 de agosto (90 prazas)

· 8ª semana: do 11 ao 14 de agosto (90 prazas)

· 9ª semana: do 18 ao 22 de agosto (90 prazas)

· 10ª semana: do 25 ao 29 de agosto (90 prazas)

Como parte do programa, os e as participantes gozarán de diferentes modalidades deportivas, centrándose, especialmente, naquelas que se practican no propio municipio. A maiores, organizaranse actividades de contacto coa natureza para promover o respecto e o coidado da contorna natural e realizaranse xogos e tamén excursións.

O prazo de inscrición abrirá o luns, 26 de maio. As prazas ofertadas son limitadas, adxudicándose por orde de inscrición ou ata esgotalas. Os nenos e nenas empadroados ou matriculados nos centros de ensino de Carral terán preferencia. As bases e a ficha de inscrición están xa publicadas na páxina web municipal para a súa consulta.

Publicacións Relacionadas