Home A Coruña Carral repartirá 2.000 euros en premios durante a súa campaña de comercio...

Carral repartirá 2.000 euros en premios durante a súa campaña de comercio de Nadal

- Anuncio -

• A iniciativa estará en marcha entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2025 baixo o lema ‘Volve a Carral non Nadal’.

Outro ano máis, Carral celebrará a súa campaña de turismo, a XXX edición, co obxectivo de seguir traballando no impulso de medidas que promovan a actividade turística e comercial durante o Nadal.

Así, ademais do concurso Tapeando Carral, celebrado recentemente, o Concello poñerá en marcha unha nova edición da súa campaña Volve a Carral non Nadal, na que se repartirán 2.000 euros en premios ás persoas que fagan as súas compras nos negocios adheridos.

A iniciativa estará en funcionamento durante un mes, entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2025. Durante eses días, as persoas que fagan as súas compras nos comercios adheridos poderán optar a premios de entre 100 e 300 euros. En total, o Concello repartirá 25.000 rascas entre os que se atoparán dous galardóns de 300 euros, catro de 200 e seis de 100.

O funcionamento da iniciativa é sinxelo: as persoas que fagan o consumo mínimo recibirán un rasca. En caso de resultar agraciada, a persoa deberá entregar o boleto premiado no Concello, xunto co ticket de compra, ata o 30 de xaneiro. A cambio, expediráselle un cheque coa contía correspondente.

Relacionadas

Aberto o prazo de inscrición nos talleres e percorridos guiados no Castelo de San...

0
As actividades, que forman parte da programación de Nadal, celebraranse os sábados e domingos do período festivo O Concello da Coruña abriu este mércores o...

O BNG reitera a solicitude de apertura do apeadoiro de Boedo despois de que...

0
O Deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, trasladou novamente a solicitude ao Goberno español. Trala primeira pregunta do BNG no Congreso, o Goberno de España...

Cariño celebrará este domingo unha dobre sesión de cinema dentro da súa programación especial...

0
• Haberá unha sesión destinada ao público infantil e outra para o público adulto. • Ambas as sesións celebraranse na Casa da Cultura e terán...

O barrio de Novo Mesoiro sumará un novo espazo de ocio xuvenil, habilitado para...

0
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que o proxecto para a construción desta infraestrutura foi aprobado na Xunta de Goberno Local. “Con esta actuación...

Saída de vía na AC-564, á altura do concello das Pontes

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial das Pontes participaron na noite de onte nun operativo provocado por unha saída de vía na estrada AC-564,...

A Xunta e o concello de Coirós avalían vías de colaboración en materia de...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Coirós van estudar vías de colaboración para mellorar o abastecemento de auga na localidade ante o...

Publicacións Relacionadas