A partir das 10.30 h – Polígono de Bértoa O Concello de Carballo organiza unha proba deportiva escolar de campo a través con participación de 978 nenas e nenos de 11 centros de ensino: A Cristina, Artai, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo, de Carballo; Alcalde Xosé Pichel e Bormoio-Agualada, de Coristanco; Caión e Otero Pedrayo, da Laracha, e Milladoiro, de Malpica.
A proba levarase a cabo na zona verde do polígono industrial de Bértoa, coa saída da primeira carreira ás 10:30 horas e ás 12:15 a última.
A categoría con maior inscrición é a alevín, con 244 e 201 deportistas nas categorías masculina e feminina, respectivamente, que tomarán a saída ás 11:30 h. e 11:45 h.
As entregas de premios faranse ás 11.30, 12.00 e 12.25 horas.