HomeA CoruñaCastro-Laxe mostra o seu hartazgo co abandono municipal nun novo encontro do...

Castro-Laxe mostra o seu hartazgo co abandono municipal nun novo encontro do ‘Rúa a Rúa’ do PP de Culleredo

- Anuncio -spot_img

∙ Limpeza, rede de sumidoiros, roza, recollida de lixos, reparación de viais e beirarrúas, son só algunhas das reclamacións que os populares recolleron na tarde de onte.

∙ “Gobernar sen escoitar é condenar ao municipio ao abandono”, conclúe García tras o encontro cos veciños de Castro-Laxe.

O Partido Popular de Culleredo continúa o seu ciclo de encontros veciñais baixo o lema “Rúa a Rúa, escoitando”, que esta semana fixo parada no centro social de Castro-Laxe. Decenas de veciños participaron activamente nunha reunión onde se repetiron as queixas pola falta de limpeza, a escasa recollida de lixos, a ausencia de rozas e o abandono de servizos básicos como a rede de sumidoiros ou os accesos a urbanizacións densamente poboadas.
“Castro-Laxe evidencia, como outras zonas, que a política do PSOE de Culleredo vive de costas á realidade dos seus veciños”, denunciou a portavoz do PP local, Izaskun García, quen ademais destacou a elevada participación cidadá como unha mostra clara do malestar xeneralizado.

Durante as case dúas horas que durou o encontro, os asistentes reclamaron maior frecuencia na recollida de residuos, instalación de contedores suficientes, e actuacións urxentes en rozas, especialmente nunha zona con características rurais, pero densamente habitada. “A xente está cansada de pagar os mesmos impostos que nas zonas urbanas mentres reciben moitos menos servizos”, apuntou García.
Tamén foi recorrente a denuncia pola falta de rede de sumidoiros en varias áreas de Castro, como os veciños da rúa Muiño que “aseguran estar a vivir como na época medieval”. Unha demanda histórica, a da rede de sumidoiros en todo Castro-Laxe, que segue sen atenderse a pesar das promesas electorais repetidas por gobernos socialistas.

A recente anunciada compra dunha parcela anexa ao centro social por parte do alcalde Rioboo e a promesa de que serán os veciños quen decida que uso dar a ese terreo, tamén xerou escepticismo entre os veciños. “Os veciños decatáronse pola prensa e non teñen noticia algunha de como nin cando se vai a facer esa consulta, nin se realmente cumprirase o que decidan os veciños. Xa coñecemos moitos anuncios de Rioboo que logo non se materializan ou se fan sen contar coa veciñanza”, advertiu Izaskun García.

O PP tamén recolleu as queixas dos veciños de urbanizacións como Augas Mansas, onde o abandono municipal é evidente. Desde o grupo popular lembraron que recentemente presentaron unha moción, aprobada en pleno, para que se execute un plan integral de mellora de viais e servizos, especialmente nos accesos, que soportan un elevado volume de tráfico diario ao estar próximos a varios centros educativos.
“Culleredo constrúese entre todos, veciños e políticos. Gobernar sen escoitar é condenar ao municipio ao abandono”, sentenciou Izaskun García ao peche do encontro.

Publicacións Relacionadas