CEIP Otero Valcárcel: obra de ampliación ou recorte de espazos?

Redacción
Lectura mínima de 2

Alternativa denuncia que a proposta de ampliación da Xunta para o CEIP Vicente Otero Valcárcel comunicada a finais de marzo á dirección do centro non respeta o acordo previo nin as necesidades reais da comunidade escolar.

Alternativa denuncia que esta proposta supón unha modificación do acordo acadado entre o Director Territorial da Xunta, Indalecio Cabana, a dirección do centro, representantes da ANPA e o daquela alcalde, Javier Gestal.

A proposta presentada como unha ampliación do colexio supón a supresión dun comedor implicando a redución dun gran número de prazas, eliminación do patio cuberto e do hall como zona de recreo, así como a redución do tamaño da aula de psicomotrocidade.

Resulta especialmente grave que esta nova proposta non respete o compromiso acadado co Director Territorial da Xunta, nin conte co consenso da comunidade educativa, ao non ter sido acordada nin co centro nin coa ANPA.

O grupo lembra que durante o seu período de goberno se impulsou un anteproxecto para a demolición das antigas vivendas dos profesores para permitir a ampliación do colexio cara esa zona, unha solución que permitiría gañar espazo adecuado para o desenvolvemento da actividade educativa sen perder outras zonas e servizos.

“As novas aulas non se poden facer a costa de empeorar as condicións de uso do centro, reducindo espazos que hoxe cumpren unha función educativa e organizativa fundamental.” matizan dende Alternativa.

Alternativa esixe ao goberno municipal que defenda os intereses das familias e a comunidade escolar e que reclame o cumprimento do acordo previo acadado.

Comparte este artigo