Home A Coruña Celebrada hoxe no concello unha nova reunión da Mesa de Coordinación Policial...

Celebrada hoxe no concello unha nova reunión da Mesa de Coordinación Policial contra a Violencia de Xénero

- Anuncio -

O Concello mostra o seu agradecemento a todos os sectores profesionais representados nas dúas mesas sectoriais.

A Mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero na que están representadas as forzas e corpos de seguridade celebrou esta mañá unha nova reunión no Salón de Plenos da Casa do Concello da Laracha.

Contouse coa presenza do alcalde -José Manuel López Varela-, a concelleira de Muller -Rocío López-, a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha -Ana Aldao-, a xefa da unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno -Isabel Álvarez García-, o comandante do posto da Garda Civil da Laracha -Miguel Rodríguez- e o xefe de Policía Local da Laracha -Víctor Vilanova-. Ademais, tras confirmarse no inicio da sesión a súa integración nesta mesa de traballo, tamén participaron por primeira vez dúas compoñentes do equipo de VioGén do posto da Garda Civil de Carballo -Concepción García e Teresa Bértua-.

Tal e como é habitual nestas reunións, foron revisadas as ordes de protección e abordadas as altas e baixas do programa ATENPRO, o servizo telefónico de atención e protección para mulleres que sofren violencia de xénero.

Tamén se revisaron e actualizaron os mecanismos de coordinación entre todos os profesionais que forman parte da mesa ante a detección de posibles casos desas características co propósito de mellorar os protocolos de actuación en beneficio das vítimas.

O Concello da Laracha reitera o agradecemento a todos os membros e sectores profesionais representados nas dúas mesas sectoriais sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero -a de coordinación policial e tamén a educativo-sanitaria que se reunirá nesta semana- e a súa plena disposición para cooperar xuntos ante esta problemática social.

Relacionadas

O concello mellora a estrada no núcleo de A Fontaíña, en Lemaio

0
O proxecto supera os 86.000 euros de investimento. O núcleo de A Fontaíña, na parroquia de Lemaio, está a ser obxecto dun proxecto promovido polo...

Mercedes Rosón sobre a operación Peleteiro: “BNG e CA deben asumir a súa responsabilidade...

0
Lembra que en febreiro do 2023 toda a oposición bloqueou o proxecto do goberno socialista para a rehabilitación da parcela do antigo Peleteiro “Hoxe a...

A Festa da Filloa de Lestedo obtén o título de Festa de Interese Turístico...

0
A Secretaría de Estado de Turismo vén de remitir a resolución favorable á devandita declaración que converte a esta celebración na terceira da provincia...

A praia da Corna volve ser escenario dunha nova xornada de retirada de lixo

0
O Concello da Pobra do Caramiñal convoca unha nova xornada de limpeza de areais que se concentrará na Corna. Terá lugar no domingo 21,...

O Concello acometerá traballos de mellora do firme en nove rúas da cidade

0
As obras arrancarán nas próximas semanas e levaranse a cabo na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de...

Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de Cross de San Pedro de...

0
Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de  Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do  circuíto Coruña Corre  As persoas interesadas en...

Publicacións Relacionadas