HomeA CoruñaCelemín destaca o labor do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato na procura...

Celemín destaca o labor do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato na procura de novos talentos

- Anuncio -spot_img

A biblioteca do Centro Ágora acolle unha exposición cunha selección das imaxes presentadas á XV edición do certame
O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, asistiu esta mañá á inauguración na biblioteca do Centro Ágora dunha exposición formada polas fotos premiadas e unha selección das mellores imaxes presentadas ao 15 Concurso Fotográfico Xurxo Lobato, que organiza a Asociación de Amigos do Instituto de Monelos. No acto tamén estiveron presentes o fotógrafo Xurxo Lobato, e a directora da biblioteca, Cristina Ameijeiras Saiz.
O concelleiro de Educación dixo estar impresionado “pola calidade das fotografías a pesar
da xuventude das persoas participantes”, e deulle os seus parabéns a toda a mocidade á
que animou “a que sigan disparando para que a veciñanza poida seguir gozando das súas
instantáneas”. Neste senso, Celemín subliñou o labor desenvolto pola organización do
concurso na procura de novos talentos.
E lembrou o compromiso do Concello coa Cultura, tal e como quedou reflectido onte no
pleno coa lectura dunha declaración institucional apoiada por todas as forzas políticas. “O
Goberno local de Inés Rey considera a Cultura un ben de primeira necesidade; e todas as
administracións debemos traballar para garantir que as actividades culturais se poidan
desenvolver con total seguridade”.
O concurso, dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación
Profesional e escolas de arte de Galicia, busca favorecer a promoción de novos artistas
que ven na fotografía unha maneira de creación, e impulsar a fotografía entre a mocidade
galega. A mostra viaxará despois á Escola de Imaxe e Son de Someso, á Biblioteca do
Castrillón, aos IES Durmideiras, Monelos e Zalaeta, e ao museo do Pobo Galego.
Nesta edición, o xurado, presidido por Xosé A. Fraga, presidente da Asociación de Amigos
do Instituto Monelos, decidiu por unanimidade conceder o primeiro premio ao fotógrafo
Alberto García Bernárdez pola súa fotografía “Acción catódica”, da que destacou “a súa
singularidade, boa realización, capacidade narrativa e de impacto, e o carácter actual da
súa concepción visual”. O segundo premio foi para María Soto Fernández pola súa foto
Solpor en Grecia”. E o terceiro premio foi para Pablo Martíns Tuche pola imaxe “Caminante
sobre nubes” Nesta edición presentáronse alumnas e alumnos de 24 centros de ensino de
17 cidades e vilas de Galicia, con mais de 290 fotos

Publicacións Relacionadas