Home A Coruña Cerceda mellora o firme de cinco vías cun investimento de máis de...

Cerceda mellora o firme de cinco vías cun investimento de máis de 100.000 euros

- Anuncio -

• As obras contemplan melloras nos sistemas viarios de acceso ao Viveiro de Empresas, Francelos, Virís-Touril, Boedo á Ponte e Telleiro a Londoño.

• O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinalou que unha das prioridades do seu goberno foi dotar de maior seguridade viaria a todo o concello, tanto para peóns como para vehículos

O Concello de Cerceda vén de licitar unha actuación de mellora de seguridade viaria que contempla o arranxo do pavimento en cinco vías municipais e un total de dous quilómetros de lonxitude. O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinalou que unha das prioridades do seu goberno é dotar de maior seguridade viaria a todo o concello, tanto para peóns como para vehículos. “Seguimos investindo en seguridade viaria, seguimos conectando as nosas parroquias e seguimos mellorando a mobilidade en Cerceda”, apuntou. As obras contemplan melloras nos sistemas viarios de acceso ao Centro Tecnolóxico, Francelos, Virís-Touril, Boedo á Ponte e Tilleiro a Londoño.

As obras permitirán actuar no pavimento deteriorado que presenta o sistema viario de acceso ao Viveiro de Empresas , de 200 metros de lonxitude e, por outra banda, a construción dunha beirarrúa por unha das marxes da estrada dotando a este acceso de maior seguridade para os peóns. Na mesma liña, as obras prevén a mellora do vial en Francelos cun fresado de 600 metros cadrados e a demolición de 300 metros cadrados de pavimento, superficies sobre as cales se executará un novo firme que se completará coa substitución da barreira de seguridade existente.

Mellorarase tamén o Camiño Virís- Touril, cunha lonxitude total de 600 metros. Preténdese a mellora da superficie de rodaxe e rego de selado a toda a plataforma, previa reparación de fochancas.
Asemade, o camiño de Boedo á Ponte, cunha lonxitude de 500 metros, atópase dentro dos camiños a renovar. Renovarase o asfalto coa instalación de novas gabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, así como como o pintado de marcas viais para sinalización horizontal.

E, por último, actuarase nos accesos desde Telleiro a Londoño ata túnel ferrocarril. Unha conexión viaria de 650 metros de lonxitude e catro metros de ancho cun novo rego de selado a toda a plataforma. Finalmente contémplase a apertura de gabias e limpeza de salvagabias e a colocación de 6 metros de taxea de formigón para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.

O prazo para executar as obras unha vez estean adxudicadas é de seis meses-

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas