Home A Coruña Cerdido celebra o 30º aniversario da Área recreativa O Castro o vindeiro...

Cerdido celebra o 30º aniversario da Área recreativa O Castro o vindeiro domingo 11 de agosto

- Anuncio -

 Haberá música, un xantar popular e actividades para todas as idades

 Para reservar será preciso anotarse a través dos teléfonos 981 411 000 (Concello), 658 173 273 (Candela) e 673 857 246 (O Castro)

O Concello de Cerdido celebra o vindeiro domingo, 11 de agosto, o 30º aniversario da Área Recreativa O Castro, en colaboración coa asociación cultural Airiños dos Carrís.
Será nun evento con moita música, un xantar popular e actividades para todas as idades.
A xornada dará comezo ás 13 horas, co concerto de Dani Barreiro & Friends. A continuación ofrecerase un xantar popular con racións de churrasco (12 euros) e empanada (3 euros).
Será preciso anotarse a través dos teléfonos 981 411 000 (Concello), 658 173 273 (Candela) e 673 857 246 (O Castro). Os tickets poderán retirarse no local do Castro.
Ao longo da tarde haberá distintos xogos para todos os públicos como inchábeis, globoflexia e campionatos de tute e dominó.
A partir das 19 horas, Carlos Bau Dúo ofrecerá outro espectáculo musical e, por último, rematarase co concerto de Los Alcántara, a partir das 20 horas.
En palabras do alcalde, Alberto Rey, “a Área recreativa O Castro é o centro neurálxico da actividade cultural no Concello de Cerdido, e eventos como este 30º aniversario sérvenos para poñer en valor a súa actividade”.
“Desde o noso equipo de goberno temos a intención de seguir a poñer en valor a área recreativa, realizando melloras e dinamizando o programa de actividades que se desenvolven alí” engadiu.
Por último, o rexedor quixo “agradecer a súa colaboración á asociación Airiños dos Carrís, que nos axudan a facer posible este evento”.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas