Free Porn
xbporn
Home A Coruña Cerdido investirá 45.700 euros en mellorar o alumeado deportivo do campo de...

Cerdido investirá 45.700 euros en mellorar o alumeado deportivo do campo de fútbol Bernardino Breijo

- Anuncio -

 A actuación está financiada ao 80 % pola vicepresidencia segunda e a consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ne o 20 % restante corresponde ás arcas municipais

 Colocaranse dúas columnas de celosía metálica de 20 metros e instalaranse 4 pantallas led de 1.000 watios, dúas a cada lado do campo

O Concello Cerdido está a reforzar o alumeado deportivo do campo de fútbol Bernardino Breijo de A Barqueira.
A actuación consta dun investimento de 45.748, 69 euros, financiada ao 80 % pola vicepresidencia segunda e a consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e as arcas municipais achegan o 20 % restante.
A execución consiste na instalación de dúas columnas de celosía metálica de 20 metros na zona central do campo, unha na zona das gradas e outra na zona da beira do campo anexa aos bancos.
Instalaranse, tamén, 4 proxectores led de 1.000 watios, dous en cada lado do campo, cunha óptica optimizada para o alumeado en espazos deportivos, cunha estrutura de aluminio inxectado, un difusor de vidro temperado plano e unha instalación orientable de 0º a 180º.
Inclúe unha estrutura de soporte superior de proxectores, formada por pezas simples de perfiles laminados en quente, con acabado de imprimación antioxidante, con unións soldadas en obra.
Por último, inclúese unha canalización de alumeado formada por un tubo de 90 mm de polietileno de dobre parede, curvable, de cor vermella.
Este campo de fútbol acolle de xeito habitual os partidos da Unión Deportiva Cebarca, club local que compite en Segunda Galicia e que esta temporada disputou a fase de ascenso a Primeira Galicia.
Segundo indica o alcalde, Alberto Rey, “con esta actuación melloramos de maneira notable unha infraestrutura deportiva municipal, onde xoga un dos equipos con máis seguimento no noso municipio, como é a Unión Deportiva Cebarca”.
O rexedor subliñou “a importancia de apoiar o deporte no noso municipio a todas as idades, e para iso temos que mellorar tanto as instalacións e manter a nosa colaboración aos clubs locais”.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas