Home A Coruña Cheo total no Showcooking do Cocido de Lalín celebrado en Lestedo

Cheo total no Showcooking do Cocido de Lalín celebrado en Lestedo

- Anuncio -

O restaurador lalinense Álex Iglesias protagonizou esta actividade que congregou máis de medio cento de persoas

A Carpa Gastro da Festa da Filloa de Lestedo acolleu onte o Showcooking do Cocido de Lalín. Unha cita que contou con máis de medio cento de persoas que foi dirixida polo restaurador Álex Iglesias.

A apertura oficial desta actividade, incluída dentro do programa Filloa Cooking da Festa declarada de Interese Turístico Nacional, correu a cargo do presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal; do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e do concelleiro lalinense Avelino Souto. Na súa intervención, Souto puxo de manifesto a importancia do irmandamento formalizado este ano entre a Feira do Cocido e a Festa da Filloa de Lestedo, salientando o seu vencellamento, toda vez que o produto boqueixonés “ten que ser a principal sobremesa do noso cocido”.

Pola súa banda, tanto Canabal como Rodeiro agradeceron ao Concello de Lalín o seu apoio á Festa da Filloa de Lestedo, materializada neste irmandamento e animaron a veciñanza e visitantes a achegarse este domingo a gozar da xornada grande da celebración. O irmandamento inclúe non só a participación de representantes do evento boqueixanés na capital do Deza, senón tamén o desenvolvemento de propostas gastronómicas conxuntas como o showcooking de onte ou o propio Cocido da Filloa, que tamén levará o selo de Lalín, sendo preparado por Álex Iglesias.

Tres deliciosas propostas

O chef sorprendeu coas súas preparacións, baseadas na cociña de aproveitamento, tomando como base o Cocido de Lalín. Así, o primeiro dos pratos foi unha Filloa de Lestedo con orella de porco en tempura e garavanzos crocantes. A esta sorprendente combinación sumouse un Canelón de Filloa de Lestedo con picadillo de Cocido de Lalín. Unha proposta ideal para aproveitar eses restos que quedan do prato e darlle outra forma acompañado co produto boqueixonés por excelencia.

Finalizou o showcooking de Álex Iglesias cunha Hamburguesa de garavanzo de Cocido de Lalín sobre Filloa de Lestedo, que resulta ideal “para que as crianzas coman legumes”, explicou o chef. Todos os pratos foron harmonizados cos viños da adega Regina Viarum, que tamén estará presente no Cocido da Filloa do domingo no pavillón de Lestedo.

O irmandamento entre a Festa da Filloa e a Feira Cocido continuará o día grande da celebración en Lestedo coa organización do Cocido da Filloa, que tamén terá a Álex Iglesias como protagonista. Unha actividade que permitirá ás persoas asistentes completar a súa experiencia gastronómica na Festa da Filloa de Lestedo, que este ano estrea a súa declaración de Interese Turístico Nacional.

Relacionadas

Os Reventapistóns presentaron a “VII Kedada Moteira”

0
Na mañá de hoxe presentouse esta “VII Kedada Moteira” que se vai a celebrar o vindeiro sábado 22 de marzo durante toda a xornada...

A Ría da Estrela presenta na ITB Berlín 2025 unha forma diferente de facer...

0
Representantes das navieiras que apostan polo Camiño da Ría de Muros Noia participan na feira líder da industria turística no mundo e presentan un...

Un cento de persoas gozaron da Festa de Entroido do centro de día de...

0
Máis dun cento de persoas, entre maiores, familiares e músicos, participaron Festa de Entroido no centro de día de Lousame. A festa tivo lugar...

José Angel Gago, ‘La Paca’, xa ten a súa placa na rúa de San...

0
A alcaldesa, Inés Rey, participou no acto de descubrimento deste distintivo dos grandes persoeiros do Antroido coruñés José Angel Gago, coñecido pola súa caracterización como...

O “Circo Xirarei” de Noia gaña o concurso de comparsas de Entroido do Concello...

0
Centos de persoas participaron no tradicional desfiles e na Festa de Entroido posterior co Grupo Ritmo A comparsa “Circo Xirarei” de Noia foi a gran...

Santiago súmase á convocatoria da Fegamp para reclamar a gratuidade total da AP-9

0
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este martes que a capital galega decidiu sumarse á convocatoria da Federación Galega de Municipios e Provincias...

Publicacións Relacionadas