Free Porn
xbporn
Home A Coruña Ciclo “Mes e Pico”: conferencia e visita xeolóxica dirixida por Francisco Canosa...

Ciclo “Mes e Pico”: conferencia e visita xeolóxica dirixida por Francisco Canosa e recuperación da Cerimonia do Lume Sagrado

- Anuncio -

O ciclo “Me e Pico” organizado polo Concello de Boqueixón concentra tres actividades esta fin de semana, todas elas de participación gratuíta previa inscrición no Departamento de Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.

Así, mañá venres 14 de xuño terá lugar a conferencia “O Pico Sacro visto con ollos xeolóxicos”, a cargo de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo e actual director científico do Xeoparque Cabo Ortegal, recoñecido como Xeoparque Mundial da Unesco. Será ás 19:00 horas na Capela de San Sebastián.

O propio Francisco Canosa actuará como guía da segunda visita ao Pico Sacro: “Un paseo xeolóxico pola contorna do Pico Sacro”, que terá lugar o sábado 15 de xuño, ás 17:00 horas. O punto de encontro será o aparcamento do Pico Sacro.

Lume sagrado

Así mesmo, o domingo 16 de xuño, ás 13:00 horas, terá lugar a Cerimonia do Lume Sagrado, unha celebración celta encabezada pola raíña Alda e o seu séquito, que recuperará de forma simbólica a tradición dos nosos devanceiros na festa do solsticio de verán a través da obtención do lume sagrado directamente do Sol. Un lume que quedará custodiado ata o día de San Xoán.

O acto contará coa colaboración da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada) e coa actuación do grupo de música tradicional Son de Gaita. Ademais, todas as persoas que desexen participar activamente na cerimonia poden solicitar os traxes de época no momento de inscribirse no Departamento de Turismo de Boqueixón, en boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao 981 513 061.

A celebración da cerimonia está condicionada á meteoroloxía. De feito, tras o parón provocado pola pandemia, esta tradición non puido celebrarse aínda como estaba inicialmente previsto debido a coincidir con fortes choivas. Aínda así, tras a anulación do ano pasado, o Concello aproveitou que o día de San Xoán coincidía cunhas boas previsións meteorolóxicas para recuperar o acto, se ben neste caso o séquito da Raíña Alda foi moito menor.

Compre lembrar que todas as persoas que queiran recoller o lume sagrado para prender as súas fogueiras da noite de San Xoán, poderán levar unha candea do Pico Sacro o 23 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas