A curtametraxe Ratiña sobre o acoso escolar proxectarase o vindeiro mércores na Casa da Cultura
“Ratiña” é unha curtametraxe social e intimista, cunha duración de 11 minutos, que aborda temas como o acoso escolar, a xestión emocional e a relación entre nenos/as e pais/nais. A peza, que se poderá ver na Casa da Cultura o vindeiro mércores 10 de decembro, ás 20 horas, combina un enfoque minimalista e poético cunha narrativa realista, dirixida preferiblemente para o público adulto. Trala proxección do mesmo, haberá un coloquio no que poderán participar as persoas asistentes. Entrada libre e de balde.
Ratiña céntrase na vida de “Velia, unha nena que comeza afeitándose unha cella e é detida pola parella do seu pai antes de que termine de quitarse a outra. Este feito da lugar a un conflito familiar que deixa á nena nun segundo lugar, sen que os seus pais se decaten da súa situación de acoso no colexio.“
Ratiña é unha curtametraxe con guión, dirección, dirección de arte e vestiario de Alicia Úbeda. Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, con título honorífico na súa promoción, e diplomada no Máster en Produción Executiva da Universidade da Coruña. Traballou como editora e guionista na produtora rusa “Vimotion” e como profesora de guión e dirección na escola audiovisual “35mm”. Ten experiencia nos departamentos de dirección e produción de varias rodaxes, e editou os documentais “Sueño” e “Memoria de un baile”. O seu primeiro proxecto como directora é “Ratiña”.
Organiza: Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da Deputación da Coruña (Outono das Artes)



