Cineforo en San Sadurniño con motivo do 25N

adminON

Traducir ao españolEnviamos unhas imaxes do cineforo celebrado na Casa da Cultura de San Sadurniño arredor do documental de 2019 “En deuda con todas”, que expón a vulneración de dereitos básicos que sofren as mulleres do Salvador, onde o aborto está perseguido pola lei e penado con cadea.Este audiovisual, producido pola ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz , pretende chamar a atención sobre a vulneración dos seus dereitos e contribuir na súa loita por unha lexislación que non vaia en contra dos Dereitos Humanos de máis da metade da poboación e que garanta o acceso a unha saúde sexual e reprodutiva plena, protexendo especialmente ás nenas e as adolescentes máis vulnerables. Por certo, o filme podedes velo íntegro aquí: https://www.youtube.com/watch?v=UcanNtb_woMAo remate da proxección, programada dentro das actividades do 25N gracias ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, houbo unha pequena tertulia sobre o tema central da película e os dereitos e conquistas que aínda nos faltan por acadar como mulleres.E mañá ás 19:00, recordade: “Vicio houbo sempre” na Casa da Cultura, coa música e as historias que nos traerá Atenea García.

Comparte este artigo