Home A Coruña Cinema e moito teatro no programa de Cultura con Forza

Cinema e moito teatro no programa de Cultura con Forza

- Anuncio -

A segunda semana de febreiro chega cargada coas propostas de Cultura con Forza con citas para todas as idades que abranguen eidos tan variados como a arte, a fotografía, a literatura o cinema e, sobre todo, o teatro. Este intenso programa comeza con teatro escolar no Pazo da Cultura da man da compañía AMORODIO. A cita está dirixida a alumnado dos institutos de Carballo e da comarca de Bergantiños que poderán ver as mañás do 12 e 13 de febreiro a peza A nai (a partir das 10.00h.). Serán máis de 480 nenos e nenas de 4º da ESO chegados dos IES Alfredo Brañas, Monte Neme e Parga Pondal de Carballo; do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco; do IES Eduardo Pondal de Ponteceso; do IES Urbano Lugrísde Malpica; e do CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda. Dirixida por Marián Bañobre e con dramaturxia de Laura Porto, conta a historia de Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez. Elas rexentaban o quiosco da estación de Ribadavia. Por alí desfilaron durante os anos máis duros do nazismo xudíos, xitanos, homosexuais, transexuais, roxos e moitas mulleres que escapaban do réxime alemá. As irmás agochaban aos fuxidos un ou dous días na súa casa ata que algún dos complices da rede, a miúdo taxistas da vila, os levaban á fronteira con Portugal. Pero esta historia nunca chegou a transcender, xa que as propias irmáns Touza quixeron gardar en segredo a súa misión, incluso anos depois da caída do réxime. O Estado Inglés ten clasificados os papeis relativos a esta rede que se estendeu nos anos 40 por media Europa. A Nai, recibíu o premio Luisa Villalta da Deputación de Coruña a proxectos pola igualdade no ano 2022. A cita está organizada pola Concellaría de Cultura e pola Deputación da Coruña. O teatro continúa cos Venres Culturais. Neste marco, Go home! é a proposta que presentan David Amor e Josito Porto en clave de humor. David é un fanático do turismo que xa viviu todas as aventuras que as axencias lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A realidade sobre as problemáticas asociadas a Galicia con respecto ao turismo é a base desta comedia na que ten cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica. Este espectáculo, dirixido por Tito Asorey, tamén conta coa presenza de grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. A peza comprométese coa realidade cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento. David Amor arrinca a súa carreira en 2001 na Televisión de Galicia. Sempre ligado ao mundo da comedia, é sonado o seu paso por series de televisión e programas como O Rei da Comedia (TVG), El Club del Chiste (Antena 3), Gym Tony (Cuatro) ou Aquí paz y después gloria (Telecinco). En 2020, ademáis, sería un dos personaxes máis destacados na coprodución entre a TVG e a RTP portuguesa para HBO, Vidago Palace. En 2017, a súa carreira nos teatros toma unha gran importancia debido ao seu protagonismo en Amigos ata a morte, obra dirixida por Javier Veiga e onde compartía protagonismo con Xosé A. Touriñán e Ledicia Sola, e que se converteu na obra máis taquilleira da historia do teatro galego no seu momento con 50 sold outs seguidos. Durante a década dos oitenta no teatro e durante a década dos noventa no audiovisual, foi cando Josito Porto dou os seus primeiros pasos. Na pequena pantalla recórdaselle de series de televisión como Pratos combinados, A familia pita, Mareas Vivas, Libro de familia ou Matalobos. No teatro, Porto ten sido xa partícipe de máis de corenta obras teatrais, coas que se converteu nun dos nomes máis sonados nos teatros de toda Galicia. Destacan os seus papeis en pezas como Nano (1998), Sexismunda (2002) ou As Mil Vidas de Matías Houseman (2013), papeis cos que gañou o Premio María Casares outorgado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.A cita para ver Go home! é o venres 14 de febreiro ás 21.00 horas no Pazo da Cultura. A duración prevista do espectáculo, dirixido a público adulto, é de 90 minutos. O prezo da entrada é de 7 €, 4 € con prezo reducido. Colabora a Rede Galega de Teatros e Auditorios. ➢ Contacto de David Amor e Josito Porto: Jorge López | 621 143 278Os Venres Culturais seguen o domingo 16, neste caso con Monstros, de PT Excéntricas. Nesta proposta dirixida a público familiar, Amanda, Valentín, Clo e o silencioso Max teñen un plan perfecto para loitar contra toda unha tarde de aburrimento: ir á casa das pantasmas que hai preto da saída da vila. Historias aterradoras envolven ese lugar: atoparán alí ao vampiro de Lalín? Haberá algún outro ser pantasmagórico? Esta é unha divertida aventura para toda a familia que nos fará rir e reflexionar sobre aquelas cousas que nos causan temor, sobre todo as que son diferentes a nós.Monstros conta cun elenco de primeira formado por Patricia Vázquez, Rocío González e Víctor Mosqueira; e coa música en directo do músico Piti Sanz. Un espazo escénico composto por un tendedeiro a gran escala e a música en directo axudarán a levarnos de paseo polos ambientes mais sinistros. Quen son as autoras desta farsesca viaxe ao planeta do medo? María Lado e Lucía Aldao. Quen dirixe esta festival do humor e o terror? Marcos Orsi.Nenas e nenos a partir de 4 anos poderán desfrutar con esta proposta o domingo 16 de febreiro ás 18.00 horas no Pazo da Cultura. A duración prevista do espectáculo é de 55 minutos. O prezo da entrada é de 7 €, 4 € con prezo reducido. Colabora a Rede Galega de Teatros e Auditorios. ➢ Contacto con PT Excéntricas: Rubén Pedrero | 618 752 105Ademais, Cultura con Forza ofrece unha cita literaria moi especial coa presentación do libro de fotografía de Xesús Búa Homes e mulleres de mar e ferro. O fotógrafo muxián presenta neste libro a historia gráfica dos percebeiros da Costa da Morte no marco das citas A través da lente. Un diálogo íntimo e sensible con escenas de faena e retratos duns protagonistas con sal nas veas. O volume recolle 175 fotografías, algunhas das cales puidemos ver en formato expositivo no Pazo da Cultura no 2020. O relato visual vai acompañado de textos e poemas de sete autores da Costa da Morte. A cita contará coa presencia do autor e estará presentada por Viki Rivadulla e Pablo Quintana.Será o mércores 12 de febreiro ás 19.30 horas no salón de actos do segundo andar do Pazo da Cultura. O acceso é libre ata completar o aforo e a cita está organizada pola Concellaría de Cultura. A axenda cultural en Carballo complétase cunha nova proxección do ciclo de cine euroárabe AMAL en ruta, promovido pola Fundación Araguaney – Ponte de Culturas. Nesta quenda o filme é unha longametraxe de ficción titulada To a land unknown. Chatila e Reda, de orixe palestina, son dous curmáns que remataron vivindo nos suburbios de Atenas buscando unha vida mellor. No intento de aforrar diñeiro para pagar os pasaportes falsos e mudar a Alemaña, Chatila trama un plan extremo antes de que sexa demasiado tarde. Mahdi Fleifel é un cineasta palestino que reside en Londres. Naceu en Dubai, creceu no campo de refuxiados de Ain El-Helweh (O Líbano) e nas aforas de Elsinore (Dinamarca). Graduouse na Escola Nacional Británica de Cinema e Televisión en 2009. O seu coñecido documental, A World Not Ours percorreu o gran circuito de festivais e obtivo numerosos premios, entre eles o Premio da Paz da Berlinale, o de Mellor película en Edimburgo e o Gran Premio en Yamagata. A cita é o xoves 13 de febreiro ás 20.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura. A entrada é libre ata completar o aforo. A duración da película é de 105 minutos. Por último, hai que lembrar que continúa aberta ao público a exposición O son do nordés, da artista plástica vinculada a Carballo Loli España. Pode visitarse até o 28 de febreiro en horario de 17.00 a 21.00 horas na sala do andar -1 do Pazo da cultura. Organiza a Concellaría de Cultura.

Relacionadas

Evacuado o alumnado do IES de Arzúa debido a un incendio no centro

0
Os bombeiros do parque provincial das Arzúa participaron esta mañá nun operativo provocado por un incendio nun dos aseos do IES de Arzúa. Parte do...

O BNG exixe á Xunta no Parlamento que remate dunha vez coa “situación demencial”...

0
Rosana Pérez reclama o persoal médico que precisan os dous centros nun Pleno ao que asistiron un cento de veciños e veciñas e o...

A Copa de Galicia de Kenpo Infantil se celebrará en Palmeira o vindeiro sábado...

0
Hoxe se presentou a Copa de Galicia de Kenpo Infantil que se celebrará o vindeiro día 15 de febreiro no pavillón Alcalde Torres Colomer...

O VI Certame “Dillo Ben Bonito” encara a súa recta final

0
• O prazo para presentar dedicatorias de amor remata o 12 de febreiro O Concello de Laxe recorda que o vindeiro 12 de febreiro finaliza...

A Banda Municipal de Música ofrecerá xunto a oito estudantes do Conservatorio Superior de...

0
Interpretaranse composicións de Strauss, Mozart ou Chapí A Banda Municipal de Música da Coruña actuará este xoves 13 de febreiro a partir das 20.00 horas...

Abe Rábade presenta este xoves ‘Tempo de cor’ no Teatro Principal

0
O pianista compostelán explora a forza evocadora da cor no seu décimo sexto traballo, na compaña de Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Bruno...

Publicacións Relacionadas