Home A Coruña Ciro Briones faise co 26º Premio de Poesía Concello de Carral co...

Ciro Briones faise co 26º Premio de Poesía Concello de Carral co seu poemario Oídos de espeléologa

- Anuncio -

A obra foi seleccionada entre un total de 90 que se presentaron nesta edición

O acto de entrega do galardón terá lugar o 9 de xuño, no que tamén se presentará o poemario “Trono e caléndula” co que Carlos Penela gañou o pasado ano.

O poeta Ciro Briones acaba de facerse co 26º Premio de Poesía Concello de Carral coa súa obra Oídos de espeleóloga.

Ciro Briones, da Pobra do Caramiñal e nado no 1996, xa conta con galardóns como os de poesía e de ensaio da Universidade de Vigo no 2020, o 1º premio de poesía XuventudeCrea nas súas edicións do 2020 e 2022, e o 2º premio do XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome (2022).

O poemario de Briones foi escollido entre un total de 90 obras presentadas, o cal supón un record para este certame que tiña a súa mellor cifra de participación en 56 libros. O xurado salienta do libro gañador a súa coherencia, o ritmo, o coidado da linguaxe e a súa armonía verbal. É un poemario que desde certas coordenadas da filosofía explora liricamente espazos da desolacíón e afonda na reflexión metafísica. O eu poético trasládanos a un espazo de escuridade que moito ten que ver cos cadros do pintor polaco Beksinski, e ofrece un discurso poético que alumea e libera entre tanta desolación.

O xurado estivo composto por Olga Patiño Nogueira, Carlos Penela e Antía Marante. Como presidente actuou o alcalde de Carral, Javier Gestal, e como secretario o técnico de Cultura e coordinador do certame, Carlos Lorenzo.

O premio Concello de Carral está dotado con 3.500 euros e a publicación da obra na colección de poesía de Edicións Espiral Maior.

O acto de entrega do premio Concello de Carral está previsto para o venres 9 de xuño na Casa da Cultura e servirá, así mesmo, para presentar o libro Trono e caléndula, co que Carlos Penela gañou a 25ª edición do certame. O evento contará tamén coa presentación do recital poético e musical Os puntos do impacto, creado por Álex Mene e Margarida Mariño a partir do poemario do mesmo título que gañou o certame no ano 2021.

Como vén sendo habitual, a Xunta de Galicia colabora co Concello de Carral, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Cultura para a publicación da obra premiada.

Relacionadas

O Concello de San Sadurniño remata o aglomerado dun novo tramo na zona da...

0
O investimento, cofinanciado pola AGADER e o Concello, ascende a 87.000 euros A empresa de obra pública Hordescon S.L. rematou hai escasos días o proxecto...

Xornada sobre o ciclo da auga no CEP de Carreira

0
O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, visitaron o CEP de Carreira durante unha xornada de formación sobre...

No pleno de abril o BNG de Oleiros voltará a incidir na necesidade dunha...

0
Detectamos moitas queixas contra a empresa que xestiona as piscinas públicas de Oleiros. Para o BNG a única alternativa viábel é a xestión pública...

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

Publicacións Relacionadas