Hoxe tivo lugar o acto de clausura do obradoiro Tahume IX que contou ca delegada da Xunta, Belén do Campo, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, a concelleira de Emprego de Ribeira, Genoveva Betanzos e o concelleiro de Medio Ambiente de Porto do Son, Juan José Calo.
Neste obradoiro Tahume IX se formaron a 20 persoas en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría. A delegada destacou que este taller de emprego péchase despois de 12 meses, grazas a un investimento da Xunta de máis de 546.000 euros, no que os 20 alumnas e alumnos de Ribeira e Porto do Son realizaron oito tarefas de mantementos de xardíns, melloras da masa árborea e produción de plantas en invernadoiros nestes dous municipios, en espazos como o invernadoiro de San Roque, o parque García Bayón, a praza do Concello de Ribeira, en parques e xardíns municipais de Ribeira e en no monte de San Roque. Canto ao concello de Porto do Son, actuaron en diferentes parques e zonas verdes, e nos sendeiros e parcelas municipais das parroquias de Miñortos, Goiáns, Baroña, Queiruga, Ribasieira e Xuño.
Anunciouse que Ribeira e Porto do Son volverán a contar cun novo obradoiro este ano Tahume X mantendo a especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e incorporando unha nova de traballos de carpintaría e moble que permitirá seguir formando a outras 20 persoas sen emprego destes dous municipios, ao mesmo tempo que colaboran coa prestación de servizos públicos aos seus veciños, estando previstas máis de 16 actuacións nestes dous ámbitos en diferentes espazos. Con estes dous obradoiros a Xunta inviste en Ribeira-Porto do Son case 1 millón de euros.
Por outra banda o rexedor, Luís Pérez tivo unhas palabaras para o esforzo, a dedicación e logros que acadaron os participantes durante o tempo de formación e práctica: “para moitas e moitos de vós, este proxecto significou algo máis ca unha aprendizaxe técnica. Foi unha oportunidade para demostrar que con traballo, constancia e ganas de mellorar, é posible abrir portas e avanzar cara a novas metas profesionais”, tamén amosou o orgullo de poder apoiar estas iniciativas que teñen un impacto tan positivo na vida das persoas. “O compromiso co emprego e coa mellora da empregabilidade segue a ser unha prioridade para nós, e faremos todo o posible para que programas coma o Tahúme X sigan sendo unha realidade no noso concello” afirmou Barral.
Tamén quixo gradecer a implicación do Concello de Porto do Son e da Xunta “para que estes obradoiros sexan unha realidade e contribúan á mellora da empregabilidade na nosa comarca.”.