Home A Coruña Club de Lectura da biblioteca municipal

Club de Lectura da biblioteca municipal

- Anuncio -

A escritora Arantza Portabales asiste este mércores a un novo encontro do Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Fene

Sobre o libro “Beleza vermella” versará o terceiro encontro do Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Fene, que terá lugar o mércores 25 de xaneiro, de 18.00 a 19.30 horas na aula de estudo da Casa da Cultura. Once persoas están a participar nesta actividade que contará esta semana coa presenza da autora, Arantza Portabales. A novela, Beleza Vermella, “xira en torno a un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima. Será que matar pode ser unha forma de arte?” Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. Polo medio, paixón sen control e un manexo da intriga que fai desta autora unha das voces cruciais da novela negra galega contemporánea.

A propósito do funcionamento do Club de Lectura de Fene, dende a biblioteca municipal lembran que o prazo de inscrición para esta actividade -dirixida a público adulto- mantense aberto durante todo o curso. De feito, nestes intres hai unha praza dispoñible. As inscricións realízanse na propia biblioteca, presencialmente ou por teléfono (981 342 302), de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas ou os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Para participar, unicamente cómpre ter interese pola lectura xa que as persoas que forman parte do club deben ler ao mesmo tempo a obra proposta, a soas nas súas casas, reuníndose logo para comentar o que leron. A biblioteca proporciona un exemplar a cada membro do club, previamente inscrito.

O Club de Lectura da Biblioteca de Fene ten carácter mensual, realizándose as xuntanzas un mércores ao mes, até maio de 2023, en horario de tarde, de 18.00 a 19.30 horas. A respecto da dinámica de funcionamento da actividade, cómpre ter en conta que o número de prazas é limitado, adxudicándose por orden de inscrición. Ademais, farase unha lista de agarda para que, no caso de que se produza algunha baixa, pase a formar parte do Club de Lectura a persoa que ocupe o primeiro posto (ou sucesivos) na listaxe. Por último, lembran dende a biblioteca, no caso de que algunha persoa participante acumule dúas faltas sen xustificar, perderá a súa praza, que pasará a ser ocupada pola seguinte na lista de agarda.

Relacionadas

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

O Concello da Pobra convoca unha asemblea veciñal para informar do proxecto de ampliación...

0
Informar do impacto do proxecto de ampliación das instalacións de Escurís S.L. na contorna da Baiuca, ao abeiro da solicitude de declaración de interese...

O PP de Culleredo advirte que o pavillón de Tarrío deteriórase día tras día...

0
∙ A simple actualización de prezos que pretende realizar José Ramón Rioboo é “totalmente insuficiente. Necesítase un proxecto novo que recolla as verdadeiras necesidades...

Laxe xa conta coa súa pista de pádel e o seu parque biosaudable para...

0
• Francisco Charlín, alcalde do municipio, e Roberto García, da Secretaría Xeral para o Deporte, inauguraron esta mañá as instalacións • O rexedor destacou que...

Arrincan as obras de mellora de eficiencia enerxética e accesibilidade do polideportivo de Guísamo

0
· Para unha mellor execución limitaranse as prazas no aparcamento. · O proxecto conta cun orzamento de 342.792 euros. Esta semana deron comezo as obras de...

Publicacións Relacionadas