Home A Coruña CLUN, fiel á súa aposta polo rural galego na Feira Internacional Abanca...

CLUN, fiel á súa aposta polo rural galego na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

- Anuncio -

· Circuíto de minitractores, degustación de novidosos produtos de Clesa e unha ruleta coa que gañar premios serán o reclamo nesta nova edición

CLUN (Cooperativa Rural Galega), con sede no concello coruñés de Ames, participará na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia dende hoxe, 30 de maio, ata o domingo 2 de xuño. Como xa é tradición, CLUN ocupará a caseta de madeira situada en fronte do pavillón 3. Será un espazo expositivo onde amosará todo o traballo que realiza esta cooperativa gandeira galega que vai desde o campo ata o produto final. A caseta está compartimentada por actividades: A área agrogandeira, que acolle todos servizos que CLUN ofrece aos seus socios e que contará con técnicos da propia cooperativa; e a área láctea, cunha ampla exposición e degustación de novidosos produtos. E moi preto da caseta está o circuíto de tractores, tan esperado polos rapaces.

Persoal de CLUN trasladouse estes días a Silleda para facer gala das bonanzas do rural galego nesta cita habitual para a cooperativa dende os seus inicios. Maiores, mocidade e socios terán o seu propio espazo na caseta de CLUN. Empezando polo rally de tractores, que fará as delicias dos máis cativos e é unha das propostas infantís de máis éxito da feira. Unha iniciativa que iniciou CLUN hai dous anos e que cada edición conta con máis participación. Na degustación de produtos, as persoas asistentes á feira poderán probar en primicia os iogures cremosos de froita de Clesa en formato grande que proximamente estarán en todos os supermercados de Galicia, así como diferentes produtos das marcas Feiraco, Únicla e Clesa.

Os socios tamén terán a súa propia área, atendida polo equipo de CLUN e na que poderán informarse dos distintos servizos de asesoramento económico (técnico en agronomía, alimentación animal, servizos veterinarios ou outros servizos complementarios) e de asesoría (seguros, a comercialización da carne ou os servizos de taller e maquinaria) que ofrece a cooperativa.

Actividades para todos

O xoves e venres pola mañá, a caseta de CLUN recibirá a visita de diferentes colexios da contorna de Silleda, buscando achegar dun xeito divertido o mundo rural para o que conta co seu circuíto de minitractores.

Todas as tardes os visitantes poderán probar sorte na súa ruleta e participar nun sorteo con regalo asegurado, que vai dende produtos de CLUN ata orixinais obxectos como sombreiros de palla.

Sobre CLUN

CLUN é unha cooperativa láctea con sede en Ames froito da unión de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto. Conta con 3.500 socios dunha trintena de municipios galegos, aos que asesora e apoia de forma constante para que poidan acadar a máxima eficiencia nas súas explotacións, mellorar a cadea de valor e a sustentabilidade da produción láctea. Emprega de forma directa a máis de 420 persoas, ademais dos empregos indirectos asociados á súa actividade.

En 2022 acadou unha facturación de máis de 240 millóns de euros, un 27,4% máis que no exercicio anterior. Os seus produtos véndense en máis de 60 países de todos os continentes e as súas exportacións medraron un 50% con respecto ao exercicio anterior.

Con presencia e actividade en máis de 80 concellos galegos, CLUN conta con dúas plantas de transformación láctea, tres de penso e seis tendas de alimentación e subministracións agrarios. Nos dous últimos exercicios investiu preto de 17 millóns de euros para aumentar a súa sustentabilidade e capacidade de transformación.

Uns datos que converten a CLUN na segunda cooperativa máis grande de Galicia, a primeira na provincia da Coruña. O seu modelo de xestión está orientado a conseguir unha tripla sustentabilidade: económica, social e medioambiental. Un modelo que permite controlar e optimizar todas as etapas do proceso produtivo, desde a produción gandeira do leite ata o envasado e comercialización dos produtos finais 100% galegos.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas