Home A Coruña COGAMI finaliza nova edición do Programa Integrado de Emprego superando o obxectivo...

COGAMI finaliza nova edición do Programa Integrado de Emprego superando o obxectivo de inserción laboral

- Anuncio -

Máis da metade das persoas participantes das oficinas que COGAMI ten en A Coruña, Ferrol, Ourense e Pontevedra, acadaron a inserción laboral.

Mª José Álvarez, de Pontevedra, conta a súa experiencia ao seu paso por este programa.

COGAMI remata o Programa Integrado de Emprego de Galicia 2023-2024, dirixido a mellorar a empregabilidade de persoas con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33% ou con incapacidade laboral para a súa profesión habitual. Financiado pola Consellería de Promoción do Emprego, Comercio e Emigración e o Servizo Público de Emprego Estatal, o programa acadou un éxito notable ao inserir o 64% das 100 persoas participantes: 15 inseridas en Ourense e en Ferrol, 18 en Pontevedra e 16 en A Coruña.
Dende a área de Emprego de COGAMI, a súa coordinadora, Mari Carmen Ínsua, destaca que o programa “superou amplamente o obxectivo inicial de inserción laboral, que era do 40%”. Ínsua pon en valor estes resultados que ve como “moi positivos, pois as persoas con discapacidade teñen maiores dificultades de incorporación ao mercado laboral, e aínda que houbo persoas que non acadaron o obxectivo de inserción, é moi favorable o seu contacto co mercado laboral”.
O programa contou coa participación de 54 homes e 46 mulleres inscritas nas oficinas que COGAMI ten en Ferrol (onde foron seleccionadas 25 persoas para este programa), en Ourense (participando 26 persoas), en Pontevedra (23 persoas seleccionadas) e en A Coruña que contou 26 persoas participantes. Todas melloraron as súas opcións de inserción laboral grazas á formación adaptada ás necesidades do mercado laboral e máis de 400 horas de capacitación teórica en temáticas como atención ao cliente, mantemento de instalacións, control de accesos, técnicas administrativas e ofimática.
Ademais da formación teórica, os participantes realizaron 50 horas de prácticas en empresas, o que lles permitiu adaptarse ás necesidades reais do mercado. A formación completouse con asesoramento en habilidades sociais, técnicas de coaching e intelixencia emocional para afrontar entrevistas e fomentar o emprendemento. Mari Carmen Ínsua pon en valor “a implicación das empresas contactadas que solicitaron candidaturas para cubrir postos de traballo e tamén para colaborar na realización das prácticas formativas”.

Persoas participantes
A oficina de COGAMI en Pontevedra seleccionou a 23 persoas da bolsa de emprego: 7 persoas do Concello de Pontevedra, 3 de Marín, 3 de Vilagarcía, 3 de Portas, 1 de Ponte Caldelas, 1 de Moraña, 1 de Vilaboa, 2 de Poio, 1 de Cambados e 1 de Vilanova. Todas estas persoas seleccionadas dentro do Programa Integrado son entrevistadas polo persoal técnico de inserción laboral para coñecer as súas capacidades e aqueles aspectos a traballar coa persoa candidata á hora de afrontar un posto de traballo.
Mª José Álvarez, beneficiaria do programa en Pontevedra
Mª José Álvarez, natural de Pontevedra, é unha das participantes da bolsa de emprego de COGAMI seleccionada para o Programa Integrado. Chegou ao Servizo de Emprego nun momento crucial, cando o programa daba os seus primeiros pasos, e decidiu sumarse para mellorar a súa capacitación de cara á inserción laboral. “Cheguei con poucas gañas de formarme, pero grazas ao apoio da orientadora laboral, completei cinco cursos que pensaba que non podía superar”, conta.
Este verán, Mª José tivo a oportunidade de traballar como controladora de accesos e en atención ao público nun organismo en Pontevedra, unha experiencia que, segundo ela, “foi clave para volver desenvolverme nun posto de traballo”. Con 50 anos e unha ampla experiencia en hostalería, limpeza e alimentación, a súa condición de saúde levouna a buscar novos horizontes profesionais.
O seu paso polo Programa Integrado foi fundamental non só para capacitarse, senón tamén para descubrir novas ferramentas: “É positivo, porque aprendes desde redactar un currículum profesional ata desenvolverte con confianza nunha entrevista de traballo”, conclúe.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

Publicacións Relacionadas