Home A Coruña COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

- Anuncio -

COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial atención ás que que se atopan en situacións de risco. Estas situacións inclúen baixa participación social, dificultades na incorporación ao mercado laboral, sobreprotección social e familiar, unha autopercepción e imaxe social negativa, e mesmo necesidades derivadas de ter vivido violencia en contornas familiares, domésticas ou institucionais.

Tradicionalmente, a sociedade tendeu a illar ás mulleres con discapacidade, xerando unha discriminación múltiple que se traduce en maiores cotas de desemprego, salarios inferiores, peor acceso aos servizos de saúde e a programas dirixidos a mulleres en xeral. Ademais, este colectivo ten unha maior incidencia de violencia e outros tipos de abusos, unha realidade que o servizo de COGAMI pretende contrarrestar.

O programa, financiado pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, comezou o 1 de xaneiro deste ano e ten como data de finalización o 31 de agosto. Ao longo deste período, está previsto que sexan atendidas 80 mulleres con discapacidade en diferentes localidades de Galicia, a través dun equipo de profesionais en traballo social que traballan nos puntos de atención que COGAMI ten en A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo. Este equipo traballa en coordinación con outros servizos que COGAMI ofrece, como os de formación e emprego, co fin de acadar obxectivos comúns en prol da mellora da calidade de vida e da inclusión destas mulleres.

Intervencións personalizadas e grupais

O servizo de Atención á muller ofrece información, orientación, asesoramento e, cando é preciso, intervención tanto coa persoa como coa súa familia. A finalidade destas accións é que as mulleres con discapacidade poidan acadar os seus obxectivos persoais e profesionais. As intervencións poden ser individualizadas ou grupais, enfocadas na adquisición de habilidades persoais e sociais, así como na mellora da empregabilidade, facilitando o acceso destas mulleres ao mercado laboral na mellora da súa situación persoal, social e laboral.

O servizo tamén está orientado á prevención, dotando ás mulleres dos recursos persoais necesarios para afrontar posibles situacións de risco e promovendo o empoderamento persoal.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Publicacións Relacionadas