Home A Coruña Comezan na Pobra os traballos de acondicionamento das cunetas

Comezan na Pobra os traballos de acondicionamento das cunetas

- Anuncio -

Un ano máis, a Concellaría dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal conta coa Ecobrigada da Asociación Amicos para efectua-lo acondicionamento das cunetas das vías de titularidade municipal. Os traballos comezaron hoxe na zona do Conchido e estenderanse progresivamente a tódolos núcleos do termo municipal co obxectivo de contribuír a mellora-la visibilidade e a seguridade dos camiños.

Con relación a isto, a edil Estefanía Ramos (Nós Pobra) manifesta que as tarefas se inician sempre na primavera ao coincidir coa época de incremento da flora silvestre e, para a eliminación desta, o Concello conta novamente co referido equipo, reiterando así o seu apoio á inserción laboral de persoas con diversidade funcional.

A maiores, a Administración local asumiu a adecuación das marxes da estrada de titularidade autonómica AC-305 ao seu paso pola localidade. As persoas operarias da brigada municipal levan xa varios días retirando a vexetación co apoio de maquinaria.

E, nas inmediacións do parque do Castelo, procederase a partir do día 23 de marzo coa poda das árbores, especialmente daquelas cuxas ramas poidan afecta-lo estacionamento no carril de servizo da rúa Díaz de Rábago. Queda prohibido aparcar nesa área no transcurso destes labores.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas