A Consellaría da Sanidade comeza no día de mañá, venres 15, unha cribaxe no sector do comercio da Pobra. As probas realízanse no Hospital da Barbanza e afectan 50 establecementos, é dicir, 91 persoas traballadoras neles. Abrangue os comercios, pero tamén outros servizos, como os taxis, os salóns de peiteado etc.
O Concello da Pobra do Caramiñal expresa o seu agradecemento ao Sergas por posibilitar esta nova cribaxe e tamén ao sector pola colaboración amosada.