Home A Coruña Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

- Anuncio -

A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e “liderada por Santiago como punto de referencia e de chegada de visitantes”. Goretti Sanmartín tamén reiterou a necesidade da creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Santiago nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá no Pazo de Raxoi.

A rexedora, que participou esta semana na reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria, reafirmou esta mañá que Santiago está disposta a “sumar todo o que se precise e os recursos que poida dedicar á promoción de rutas aos das demais administracións e formar parte do organismo que se considere para coordinar e planificar a política aeroportuaria”.

“Como capital de Galiza, somos unha cidade responsábel e solidaria que entende esa capitalidade como necesidade de liderar e axudar a esa coordinación e planificación común”, engadiu a rexedora que tamén alentou á Xunta a “tomar a iniciativa, asumir a responsabilidade de defender os intereses galegos e exercer o seu papel para coordinar a política aeroportuaria”.

Na xuntanza do Comité, o Goberno municipal tamén solicitou a elaboración dun Plan estratéxico dos aeroportos galegos para o período 2024-2028, que “teña en conta a singularidade da situación galega, definida por tres aeroportos que están moi próximos e pola proximidade do de Porto”.

A alcaldesa fixo especial fincapé na necesidade de mellorar as conexións internacionais “sen ter esa dependencia tan grande do paso por Madrid” e que “o tráfico non dependa das rutas domésticas para competir con outros aeroportos que captan parte do noso mercado”.

Nesta liña, desde o Concello de Santiago pídese “unha implicación económica por parte da Xunta, en tanto que responsábel tanto da política de mobilidade e transportes do país como da súa política turística, na captación de novas rutas internacionais para os aeroportos galegos”. Tamén se solicita de AENA, en tanto que responsable das infraestruturas, “un esforzo nesta captación de novas rutas para os aeroportos galegos”.

Goretti Sanmartín salientou que no 2023 conseguiuse “un máximo histórico de pasaxeiras e pasaxeiros no aeroporto Rosalía de Castro superando a barreira dos tres millóns e medio” e aludiu aos bos datos os do primeiro trimestre de 2024, con 660.413 viaxeiros e viaxeiras rexistradas.

Loita contra a violencia de xénero

Goretti Sanmartín abordou tamén na rolda de prensa o tema do “incremento da violencia de xénero e das agresións” que tamén vén acompañado dun “incremento das denuncias grazas a que existen máis recursos”. Para combater isto, a rexedora defendeu a “necesidade dun esforzo grande de coordinación” que se está a concretar no traballo da Mesa Local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero e as distintas subcomisións que xa están a ter reunións.

A alcaldesa tamén reclamou unha vez máis a creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Santiago, “unha demanda histórica” compartida pola Corporación municipal e diferentes ámbitos “que é unha necesidade pola sobrecarga que teñen os xulgados nestes momentos”.

No ámbito da prevención, Goretti Sanmartín tamén anunciou a posta en marcha de obradoiros de educación afectivo-sexual dirixidos á xente máis nova co obxectivo de “modificar hábitos e de frear unha involución nas relación entre homes e mulleres”. A prevención tamén centrará os esforzos dun dos grupos de traballos creados no marco da Mesa Local.

Relacionadas

O son dos palillos retumba na X Festa da Palilleira de Camariñas

0
· Máis de 400 encaixeiras, chegadas de Galicia e doutros puntos de España, participaron nunha xornada que xirou ao redor do encaixe pero na...

Xa está aberto ao público na Casa das palmeiras o “Rastrillo solidario”

0
Xa está aberto ao público na Casa das palmeiras o “Rastrillo solidario” que, como cada ano, organiza a Asociación Amas de Casa de Neda....

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro martes diante da Casa...

0
Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o vindeiro martes, 10 de decembro, ao Concello de Neda para...

Así será o Nadal en Paderne: felicitación comunitaria, festa nas escolas, concurso, tres concertos...

0
 A corporación inaugurará as festas o sábado 14 no Telleiro con música en directo  As luces estarán acendidas desde esta mesma noite  Aos...

Aberto o novo espazo biosaudable do parque Europa, ideado para promover o exercicio físico...

0
No que vai de ano, o Concello xa creou outra instalación deste tipo na praza do Parque, entre Orillamar e Monte Alto, e tamén...

Ribeira reluce co acendido do alumeamento do Nadal

0
Hoxe tivo lugar a inauguración do acendido do Nadal nunha praza da Porta do Sol ateigada de xente cun primeiro acto onde os nenos...

Publicacións Relacionadas