Free Porn
xbporn
Home A Coruña Compostela #mudaoconto con teatro contra o antixitanismo de xénero

Compostela #mudaoconto con teatro contra o antixitanismo de xénero

- Anuncio -

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais colabora con AGARESO, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, no seu programa #mudaoconto contra o antixitanismo de xénero. No marco desta cooperación, o Teatro Principal acolle o próximo sábado a obra “No soy tu gitana”, unha peza que pón o foco nos prexuízos e estereotipos sobre as mulleres xitanas.

A compañía Teatro del Barrio chega a Santiago grazas á colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, para poñer en escena a súa obra “No soy tu gitana”. Trátase dun monólogo protagonizado pola activista e escritora Silvia Agüero, que deconstrúe a imaxe pública das mulleres xitanas, botando man do humor, do cante e do baile. A obra poderase ver o próximo sábado no Teatro Principal, a partir das 20 horas. A entrada é de balde, e a taquilla estará aberta desde unha hora antes do evento para a retirada das invitacións.

Outras accións

Ademais desta acción na que colabora o Concello, Agareso organiza o próximo venres, na libraría Lila de Lilith, un encontro coas integrantes do Podcast “Castañas no verán” que serán as encargadas de moderar unha tertulia entre as activistas e escritoras Pastora Filigrana e Lola Cabrillana. Será a partir das 19 horas.

Estes eventos están enmarcados no proxecto “Muda o conto: Mocidade contra o discurso do odio en redes sociais”, financiado tamén pola Consellería de Política Social, e que pón o foco no antixitanismo que se expande con descontrol a través da rede. O Informe Antigitanismo Informativo 2022 de Rromani Pativ apunta que 7 de cada 10 publicacións en Internet e o 30% dos contidos en medios de comunicación referidos á comunidade xitana conteñen antixitanismo implícito. Pola súa banda, o Informe Anual “Discriminación y Comunidad Gitana” 2023 elaborado pola Fundación Secretariado Gitano recolle 68 casos de discriminación en medios de comunicación, a meirande parte deles novas onde “se fai mención á etnica das persoas en casos de violencia, delincuencia ou criminalidade” e 217 casos de odio en redes sociais, 28 máis que o ano anterior.

O ámbito educativo amosa tamén altos índices de antixitanismo. Poñendo o foco na comunidade galega, un estudo realizado por AGARESO no 2023 que analizou o discurso de odio nas aulas de secundaria, apunta a que a poboación de etnia xitana é a que recibe unha maior porcentaxe de comentarios que teñen como base un estereotipo (o 85%). No caso dos construídos cara as mulleres xitanas, destaca a presenza de estereotipos negativos como “conflitivas, problemáticas, violentas, ladroas ou malas estudantes”.

Relacionadas

Éxito de participación na terceira edición das 21 Leguas, os 101 kilómetros de Narón

0
A celebración das 21 Leguas, os 101 kilómetros de Narón, foi nesta terceira edición un éxito de participación, con 950 persoas inscritas, e de...

Unha persoa queda atrapada no seu vehículo en Erboedo, Concello de Laracha

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron ao lugar do accidente ás 3:33 horas, onde xa se atopaba o persoal sanitario. O coche atopábase...

O Punto Lila da Romaría de Santa Minia informa aos milleiros de festeiros da...

0
As actuacións dos grupos do Festival Brión Inclúe e de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre pecharán a Romaría de Santa Minia 2024 Por cuarto...

Centos de persoas participan este sábado na terceira edición da andaina Camiña Coruña, organizada...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, deulles hoxe a saída ás persoas participantes, divididas en tres categorías por distancias: 16, 28 e 50 quilómetros O...

No recentemente inaugurado paseo do Rego de San Pedro proliferan ata catro especies invasoras

0
ESTABA PREVISTA A SÚA ELIMINACIÓN PERO FINALMENTE MANTIVÉRONSE Ata catro especies alóctonas das que figuran no catálogo de especies invasoras ocupan importantes espazos nas marxes...

A Festa da Filloa de Lestedo recolle en Madrid o diploma que a acredita...

0
O alcalde de Boqueixón e representantes da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo recolleron a distinción de man do ministro de Industria e Comercio O...

Publicacións Relacionadas