Home A Coruña Comprar en San Sadurniño polo Nadal volve ter premio

Comprar en San Sadurniño polo Nadal volve ter premio

- Anuncio -

O Concello pon en marcha desde hoxe e durante todo o mes a campaña de dinamización comercial “Polo Nadal, consumo local”

O Concello de San Sadurniño, en colaboración con 22 negocios locais, volve poñer en marcha durante todo o mes de decembro a campaña de promoción do noso comercio e os nosos servizos “Polo Nadal, consumo local”, coa que se tenta fidelizar clientela e poñer en valor a calidade tanto dos produtos como da atención que ofrecen os establecementos de San Sadurniño. Con cada compra que fagamos recibiremos unha rifa para entrar no sorteo de cestas cargadiñas de cousas, sobre todo alimentos elaborados de proximidade e propios das próximas datas festivas, que se sortearán o próximo 4 de xaneiro. O inicio da campaña marca tamén o arranque oficioso do Nadal en San Sadurniño, que prevé varias citas culturais -dispoñibles no boletín Novas e na nosa axenda- así como a decoración colaborativa de espazos por medio da proposta “Engalana o teu concello”, da que ampliaremos información dentro duns días.

Este ano volverán entregarse boletos de dúas cores distintas, azuis e rosas, dependendo do gasto que se faga en cada establecemento. Así, por compras ou consumicións de ata 10€ de importe, darannos unha papeleta azul coa que entraremos no sorteo de tres cestas valoradas en 70€ cada unha. Por outra banda, por pagos nos establecementos participantes na campaña que superen os 10€ entregarannos papeletas de cor rosa para entrar no sorteo doutras tres cestas cheas de produto, nese caso valoradas en 140€.

O sistema non ten máis ciencia: cantas máis compras fagamos en San Sadurniño, sexan grandes ou pequenas, máis posibilidades teremos de levar un destes fantásticos agasallos. En cada local haberá unha urna ou caixa onde depositar as papeletas cos nosos datos e un teléfono de contacto (imprescindible).

“Polo Nadal, consumo local” comezou hoxe, día 1 de decembro, e finalizará o día 31, organizada pola área de Desenvolvemento local en colaboración coa Concellaría de Cultura. O sorteo das cestas farase o día 4 de xaneiro ás 12:00h nun acto público que se desenvolverá no salón de plenos. Farase coincidir coa rifa dos lotes de produto de “Engalana o teu concello”, outra das propostas municipais para as festas na que se convida á veciñanza a decorar vivendas, negocios e espazos públicos, aínda que dela ampliaremos información a comezos da semana que vén.

O Concello contactará coas persoas agraciadas -por iso é tan importante poñer o teléfono- e entregará os premios de ambos sorteos na Casa da Cultura o sábado 7 de xaneiro ás 12:00h.

Nesta terceira edición da campaña de dinamización do comercio e os servizos locais participan un total de 22 establecementos: Agromuíño, Peluquería Santos, Peluquería Lucía, Peluquería Ángeles, Fisioterapia Sansastur, Clínica de fisioterapia da Penamoura, Clínica de fisioterapia Fisio-Che-Ben, Triscos e Fíos, Libraría Brétema, Supermercado Calvo, Cooperativa de Meirás (tendas de San Sadurniño e Naraío), Floristería La Feria, Maskotas, Mesón A Granxa, Supermercado Outeiro, Bar O Campo, Bar Eladio, Mesón Os Cazadores, Café Bar Atrium, Cafetaría DZINE III e Parrillada María Queira.

Se algún negocio quere unirse á campaña, aínda está a tempo de facelo chamando ao 616 332 919 ou enviando un correo a agustin.perez@sansadurnino.gal.

O responsable de Desenvolvemento local, Manolo Varela, explicaba esta mañá que a idea -promovida por primeira vez en 2020 por iniciativa dun grupo de negocios locais- “tivo moito éxito nas dúas edicións que levamos, e por iso imos pola terceira confiando en estar contribuíndo, aínda que sexa só un pouco, a que os negocios locais melloren as súas vendas nuns momentos complicados”. Outra das finalidades de “No Nadal, consumo local” é, segundo o concelleiro, “volver chamar a atención sobre a calidade dos servizos, os produtos e a atención que ofrecen os negocios de San Sadurniño”.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas