HomeA CoruñaConcedida unha mención honorífica ao axente da Policía Local Paz Viñas por...

Concedida unha mención honorífica ao axente da Policía Local Paz Viñas por unha actuación extraordinaria nun intento de suicidio

- Anuncio -spot_img

O Concello de Oleiros concedeulle unha mención honorífica ao axente da Policía local Juan Carlos Paz Viñas pola súa actuación extraordinaria no salvamento dunha muller nun intento de suicidio arroxándose desde o tellado dun edificio de tres plantas de Perillo o pasado mes de setembro. Nunha actuación de máis de 2 horas, xunto con Emilio Rocha Vilariño e dous axentes da Garda Civil do posto de Oleiros, en compañía dun traballador do 061, improvisaron un arnés cunha corda ao redor do corpo de Paz Viñas, que accedeu á cuberta do edificio, sen ser advertido pola rapaza, reptando sobre as tellas e abalanzándose sobre ela antes de que puidese saltar ao baleiro. Xa presa, o resto dos funcionarios policiais e máis o sanitario tiraron da corda arrastrando aos dous ao interior da vivenda. Como consecuencia desta manobra Juan Carlos Paz Viñas sufriu queimaduras no brazo esquerdo e un dos axentes da Garda Civil lesionou un brazo. A muller finalmente puido ser trasladada ao CHUAC.

Ademais deste recoñecemento, no pleno celebrado esta tarde foron aprobados de forma definitiva un cambio de rasantes en Cabreira e unha modificación de aliñacións na rúa Fornos. Tamén foi aprobado o convenio urbanístico no PP SUD-10 de Viñas de Babilonia. Así mesmo, o pleno acordou delegar na Xunta de Goberno Local para que, en acto público, se realice o sorteo de mesas nos procesos electorais deste ano 2023.

Publicacións Relacionadas