Home A Coruña Concello, Deputación e UDC impulsan a Cidade das TIC coa constitución dunha...

Concello, Deputación e UDC impulsan a Cidade das TIC coa constitución dunha sociedade de xestión e a elaboración dun plan director

- Anuncio -

“A cidade das TIC é un proxecto estratéxico para A Coruña, onde a implicación da Universidade, o Concello, a Deputación Provincial e a Xunta é fundamental para o seu impulso e consolidación” explicou o voceiro do Goberno Local da Coruña e concelleiro de Economía, José Manuel Lage

O Goberno local aportará 75.600 euros, o 40% do orzamento destinado entre todas as administracións a esta planificación, que está fixada en 180.000 euros

Concello, Deputación e UDC dan un paso firme para constituír a sociedade de xestión da cidade das TIC e elaborar un plan director. “A Cidade das TIC é un proxecto estratéxico para A Coruña, onde a implicación da Universidade, o Concello, a Deputación Provincial e a Xunta é fundamental para o seu impulso e consolidación” explicou o voceiro do Goberno Local da Coruña e concelleiro de Economía, José Manuel Lage.

Esta mesma tarde, a Deputación aprobou o devandito convenio cos votos a favor de PP, PSOE e BNG e a abstención da Marea (un convenio que o Goberno local elevará a Xunta de Goberno local) e que ten por obxecto sentar as bases da colaboración entre as partes para dinamizaren a construción e dotación da Cidade das TIC, de xeito que se poida materializar no menor espazo de tempo posible.

“Tanto Inés Rey como Valentín Formoso apostaron desde o primeiro día polo  proxecto que capitaneou Julio Abalde desde a Universidade. Agora estamos dando os pasos necesarios para constituír a sociedade de xestión da Cidade das TIC e coa aprobación deste convenio por parte de todas as institucións impulsaremos o plan director” sinalou José Manuel Lage. A posta en marcha da estrutura de gobernanza
formalizarase a través dunha sociedade pública en que se integrarán todas as institucións públicas que poden contribuír tanto na fase dos investimentos iniciais como en fases posteriores. Ademais, as actuacións previstas realizaranse nun período de 12 meses desde a firma do convenio polas partes integrantes.

A planificación estratéxica da Cidade das TIC, que supón un investimento moi elevado, tórnase nun aspecto fundamental para asegurar unha axeitada viabilidade e sustentabilidade.

O orzamento para a execución das actuacións previstas no presente convenio é de 180.000 euros, dos que o Concello aportará case a metade cun total de 75.600 euros, o que representa o 42% do total. O IGAPE financiará a Cidade das TIC con 36.000 euros, o que supón o 20% e idéntica cantidade será aportada pola Deputación. A UDC destinará unha aportación máxima de 30.600 euros (o 17%) e o Cluster achegará 1.800 euros (o 1%).

Co Plan Director, poderase analizar o contexto tecnolóxico, social, cultural e normativo en que se encadra a Cidade das TIC e mais avaliar a contribución desta infraestrutura particular tanto para o sector TIC como para o conxunto dos sectores produtivos que teñen nas tecnoloxías a súa principal ferramenta de innovación e competitividade. Como resultado, obterase un Plan Estratéxico que resumirá o fin e a misión da Cidade das TIC así como os seus obxectivos a curto e medio prazo, unha planificación das actuacións e investimentos a realizar na posta en marcha do complexo nos próximos anos e un plan de xestión da cidade e das súas infraestruturas, co deseño dun modelo de negocio sustentable e un plan de sustentabilidade económico-financeiro.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas